Orientación

Guía para pais e nais: Como educar en positivo

Dende o Departamento de Orientación do CEIP Mestres Goldar queremos recomendarvos a seguinte lectura.

Programa de mellora de atención

 

Dende o Departamento de Orientacion do centro e levamos a cabo un “Programa de mellora da atención”, dirixido aos/ás alumnos/as de 2º curso de educación primaria.

Para que participedes neste programa e así teña unha continuidade na casa, incluímos unha serie de consellos para favorecer a atención e concentración que podedes ver no tríptico que se adxunta.

Estes consellos pódense aplicar en nenos e nenas de calquera idade.

Esperamos contar coa vosa colaboración.

Un saúdo

Noelia Mariño Baz

 

 

TÉCNICAS DE ESTUDO

OBRADOIRO TÉCNICAS DE ESTUDO

O pasado martes día 11 de abril, os alumn@s de 6º de Primaria aprenderon moito sobre TÉCNICAS DE ESTUDO nun obradoiro organizado polo Departamento de Orientación.

Xa sabedes que si queredes seguir practicando tedes a WEB de TÉCNICAS DE ESTUDIO que vos presentamos no obradoiro.

 

E lembrade!!!

Primeiro hai que ver os CONSELLOS, despois facer o test,

e logo hai que ir por orde, sen saltar de papiro en papiro, eh?

Animádevos e entrade!!!

Velocidade lectora

...ENTRENANDO A NOSA LECTURA...

Para tod@s aqueles que queren practicar a lectura dunha forma divertida

e  mellorar a comprensión, a velocidade lectora e a habilidade visual

aquí tedes uns enlaces moi interesantes:


ORIENTADOS

MATERIAIS PARA A ATENCIÓN A DIVERSIDADE

A continuación amosamos unha serie de páxinas que poderán ser de axuda a hora de afrontar a diversidade na nosa escola:


 

Distribuir contido