Ed. Musical

LUNS 11 DE MAIO INFANTIL

 

Bo día, peques...hoxe toca... PERCUSIÓN DE METAL?
Pois ide rapidiño á cociña e collede dúas culleres, que imos empezar moi pronto.
 
Aquí vos deixo os vídeos coas vosas prácticas  e unha foto do traballo de construción de instrumentos de Erik e o seu irmán Iker. Moitas grazas familias.
 
 
 
 
 
 

VENRES 8 DE MAIO 1º PRIMARIA

Bo día, nen@s... hoxe temos a festa dos maios...así que, antes de empezar, ide á cociña e collede unha culler e garfo de madeira, se hai por alí...e se non, o que teñades a man..pero rapidiño...que empezamos a cantar.

 

E logo, non esquezades de pasar á páxina principal e buscádevos no noso particular maio deste ano.

 

VENRES 8 DE MAIO 4º PRIMARIA

Bo día, chic@s de 4º...

Xa sabemos que os pratos da orquestra son da familia de percusión de metal e que o piano é un instrumentos de corda percutida; que un violonchelo é de corda fretada e unha trompa de vento metal...
Estaremos list@s para iniciar un xogo de andar moi atentos e concentrad@s?
Animádevos e facede este xogo... xa me contaredes se chegastes ao final...
 
 
Como empezamos a semana facendo un reto especial, aquí vos deixo un exemplo máis das vosas habilidades.
 
 
Por último, cando rematedes o xogo, ide á páxina principal e atopádevos no maio deste ano...seguro que saídes moitas veces. Ata pronto.

XOVES 7 DE MAIO 5º/6º PRIMARIA

Bo día nen@s. Parece que ensaiastes ben a proposta do outro día. Aquí van os vosos vídeos e unha segunda parte para ver quen supera a de hoxe. Parabéns, que o fixestes moi ben.

 

 

 

 

 

PRÁCTICA PARA HOXE

 

 

 

 

MÉRCORES 6 DE MAIO 2º PRIMARIA

Bo día nen@s: hoxe vouvos ofrecer unha idea para xogar en familia, maiores e pequenos.

Trátase de xogar  a imitarnos...preparados?

Aproveitade para ver a proposta de música de onte. A ver quen se anima a construír un instrumento orixinal.

MÉRCORES 6 DE MAIO INFANTIL

Bo día, peques... hoxe imos facer chocolate... pero dun xeito distinto.

Queredes facelo comigo?

MARTES 5 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S

Bo día chic@s.

Empeza unha semana cargada de moitos retos interesantes e moi atractivos.
Veñen os Maios, e pronto teredes noticias deles...
Estes días chegáronme algunhas iniciativas vosas que me deixaron pasmado pola vosa habilidade. Por iso se me ocorre amosárvolas a tod@s  e propoñervos isto.
Quen se atreve con este novo reto?
CONSTRUÍMOS OS NOSOS INSTRUMENTOS?
De momento, aquí vos deixo aos primeiros artistas...podedes intentalo vós tamén?
 
 
 
 

XOVES 30 5º e 6º PRIMARIA

Bos días, empezamos...QUEN SE ATREVE? Ritmo, atención, concentración e memoria... Xogades? Xa sabedes, mandádeme a vosa práctica...

MÉRCORES 29 2º PRIMARIA

Bo día, nen@s... Tedes ganas de darlle un pouquiño de ritmo a esas mans? Imos por un tempo de dúas partes, lembrades?  Forte, débil, forte débil....

E aquí vos deixo algunha das propostas vosas... Bravoooo...encántame ver que superades todos os retos... Mandádeme o anterior ao meu correo...a ver como vos sae...

 

 

MOITAS GRACIAS

Distribuir contido