Ed. Musical

XOVES, 21 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S

Bo día !! Pasade, que cabemos tod@s. Hoxe temos que exercitar a memoria e imos xogar ás estatuas. Animádevos !!

E aquí vos queda a actividade do luns, de Anxo, de 2º de primaria.

Moitas grazas, Anxo e familia, por compartir con nós o voso traballo.

 

MÉRCORES, 20 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S

Bo día. Agudizade o oído. Premede en ESCOITA, e anotade que instrumentos soan. Logo, baixade ao vídeo e podedes ver se adiviñastes eses sons.

Empezamos?

ESCOITA

 

E agora podedes ver o resultado de propostas anteriores.

Anxo mándanos un instrumento que construíron na casa e Sara a cantiga dos tres tempos.

Moitísimas grazas aos dous e ás vosas familias.

 

 

MARTES, 18 DE MAIO MÚSICA PARA E. INFANTIL

Bo día, peques...lembrades o xogo que fixemos coas laranxas? pois imos facer algo similar con folios de colores. Animádevos a facelo comigo!!


E repasamos  os vosos traballos... están xenial, mirade, este. Moitísimas grazas, Martín !!

 

 

Moitísimas grazas, familias, por compartir estes momentos !!

LUNS, 18 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s. Hoxe empezamos a semana cunha visita. Roi nos vai amosar uns instrumentos que non coñecemos...pasade, pasade!!


E agora, que tal se nos mergullamos un pouco e imos xogar aos peixes?


 

Aquí vos deixo algunhas das vosas propostas destes días. Estades a facelo xenial!! 

 

 

 

  

Moitísimas grazas, familias, por compartir estes traballos!!

VENRES, 15 DE MAIO 1º PRIMARIA

Bo día, nen@s... preparade o corpo, a memoria, a atención, a concentración...e pasádeo moi ben con este tema.

Mandádeme a vosa práctica ao correo, lembrade. antontreixadura@gmail.com
 

VENRES, 15 DE MAIO 4º PRIMARIA

Bo día, nen@s. Antes de empezar, inventade calqueira instrumento que vos sirva para facer percusión. Logo seguiremos estes patróns rítmicos, que son moi doados. Xa sabedes a duración das figuras...pero tedes que manter o ritmo e sobre todo a concentración.


 

Tamén vos deixo un video coas vosas prácticas. Samuel practica coa súa irmá...Moitas grazas, familias.

XOVES, 14 DE MAIO 5º- 6º PRIMARIA

Bo día chic@s. Logo destes días tan rítmicos, imos retomar un pouco a frauta para que non a esquezades. Propoño exercitar un pouco a man dereita e imos traballar coas notas máis graves. Déixovos a partitura dunha melodía  sinxela e unha pequena guía para que a vaiades traballando. Non esquezades mandarme as vosas habilidades para superar este novo reto.

PARTITURA

 

 

Neste vídeo, Nicolás e Eleni construíron un instrumento incrible. Mirade!! Moitísimas grazas, familia, por compartilo.
 
Zona de los archivos adjuntos
 

MÉRCORES 13 DE MAIO 2º PRIMARIA

Bo día,chic@s...o outro día vimos un tema para mover o corpo, con dúas partes. Hoxe temos un de tres ...animádevos a facelo e xa me contaredes...

 
Aquí vos deixo un recopilatorio coas cousiñas que me mandades.Moitas grazas familias.
 

MÉRCORES 13 DE MAIO INFANTIL

Bo día, peques...lembrades cando xogabamos ás fotos? pois hoxe ímolo facer tamén. Xa sabedes...Os silencios serán a nosa foto...Non vos movades, eh? que vos vixío.

Aquí vos deixo as vosas prácticas.Moitas grazas.

 

MARTES 12 DE MAIO INFANTIL

Bo día, peques. Como imos hoxe? Se onte vistes como convertir as culleres nun instrumento de percusión, hoxe xogaremos a levarnos a contraria, lembrades?

Este será un xogo de concentración...preparad@s? 
 
 
 
 
Aquí vos deixo unha das actividades dunha das vosas compañeiras. Moitas grazas, familia.
 
Distribuir contido