Inglés

6º PRÁCTICA UNIT 5

Aquí vos deixo a práctica para a teoría do tema 5. 

Non vos agobiedes, que sei que tendes aínda o repaso do que mandei a semana pasada, así que isto é para toda esta semana. 

Ídelle botando un ollo á teoría, aprendéndoa e facendo as frases pouco a pouco. 

A semana que vén repasamos e facemos máis frases. 

Moitos ánimos a tod@s!

PD: xa sabedes que se tendes moitos faios nas frases hai que volver estudiar a teoría e repetir as frases máis adiante. 

Veña, que este tema é faciliño. Moitas apertas a tod@s dende casa. 

PARA @S CHIC@S DE 6º - TEORÍA TEMA 5

Ola de novo!

Hoxe sí, empezamos co tema 5.

Aquí vos mando a teoría como a poñemos sempre na pizarra. 

Botádelle primeiro un ollo ó libro se o tendes, e xa sabedes, cada páxina vai cun número de lesson e a correspondente no activity book para facer.

De momento empezade pola lesson 1 do libro e do activity (dentro do tema 5) se tendes os libros.

Se non tendes os libros na casa, chamade ó cole para ir recollelos. 

Logo copiade na libreta a teoría de GRAMMAR STRUCTURES --> Have to --> Tener que

En afirmativo, en negativo e en interrogativo, coma sempre. 

Máis tarde vos colgarei unhas frases para traducir, pero xa tendes traballo abondo por hoxe. 

 

Moitos bicos e apertas! Seguimos aguantando e aprendendo!

PARA PEQUES E MAIORES CÁPSULA DO TEMPO (EN CASTELÁN)

Ola de novo!

Xa dentro do 3º trimestre, antes de empezar as clases formais, quero deixarvos un recurso que pode servir a tod@s - pequen@s e maiores - a xestionar e elaborar este proceso vital polo que estamos a pasar tod@s.

Está plantexado como un caderniño para debuxar, escribir e pegar, e creo que pode axudar a aliviar o confinamento e a expresar as emocións que éste nos produce. 

Eu vou empezar o meu. Aquí volo deixo. Espero que vos guste

PARA REPASAR EN 5º

Ola de volta!

Mándovos un repaso do máis importante ata agora. 

Hai un arquivo con teoría, outro con exercicios e outro cos exercicios resoltos * Tendes que perdoar que hai algunha frase que se colou onde non lle correspondía, xa vos daredes de conta.

Como imos traballar cousas moi importantes que tamén dan os de sexto, os arquivos tamén teñen os contidos de sexto do pasado, que vós aínda non destes, así que NON tendes que estudiar o pasado nin facer os exercicios correspondentes.

Asegurádevos de que sabedes ben a teoría. Se vedes que tendes moitas frases mal, estudiade de volta a teoría e repetide as frases.

Moitos ánimos nesta situación, que é difícil para tod@s. Gracias polo voso esforzo. 

Moitas apertas dende a miña casa!

REPASO IMPORTANTE PARA 6º

Ola de novo!

Xa cun pé no instituto, poñémonos a repasar a teoría máis importante sen a que non podedes quedar. 

Así que a usar todo isto para facer os exercicios que vos mando. 

Tendes que perdoar que hai frases que se mesturaron e non están en pasado cando tiñan que estar...

Bueno, cousas das tecnoloxías que non son o meu. 

 

Ó final conseguín convertirvos o arquivo para poder completar os exercicios eu e mandarvos as respostas para que poidades correxilos vós mesm@s na casa.

Se vedes que tendes moitos faios, por favor, estudiade ben a teoría e repetide os exercicios. 

A darlle duro, que xa non queda nada para o insti! Moitos ánimos!

ÁLEX AND CATERPILLAR

Ola!

Hoxe estou moi contenta de podervos ensinar o traballo de Álex, de 4º de Infantil, sobre o conto "The very hungry caterpillar"

Pinchade no enlace para poder ver o vídeo. Un traballo xenial!

 

https://drive.google.com/open?id=10ril-skXIaiNBIdYx3cHb-bAt-xqS-Af

ARTS PARA 6º!

Ola de novo!

Sei que estades traballando moito e moi ben, así que hoxe vos deixo unha proposta artística moi moi chula.

Como xa sodes @s grandes do cole, déixovos que cambiedes as cores asignadas a cada número, así vos sairá unha obra completamente diferente a cada un/ha, A VER QUÉ NOS SAE!

Moitos ánimos, apertas e bicos dende a casa!

ARTS PARA 5º!

Ola de novo!

Para empezar despaciño o trimestre, aquí vos deixo unha proposta artística, que tamén vos axudará a traballar a concentración e a ocupar taaaanto tempo que estades pasando na casa.

Espero que vos quede súper chulo e xa me ensinaredes os resultados. 

 

MOITAS APERTAS E BICOS DENDE CASA!

ARTS PARA 4º!

Ola!

Aquí vos deixo unha proposta artística para que non todo sexan fichas e deberes. É un cadro precioso, así que supoño que vos sairán unhas obras de artes marabillosas!

 

Moitos ánimos e apertas, estádelo facendo moi ben! Gracias polo esforzo!

 

 

PROGRAMA DE TV EN INGLÉS PARA NEN@S!!!

Por fin temos un programa en inglés na tele española para entreternos estes días sen parar de facer cousas!

Gracias a Tania Llasera imos poder facer experimentos, manualidades e receitas en inglés, 

de luns a venres, ás 13:25 na cadea de TV Boing: "Real Mum".

Non deixedes de animarvos a facer as súas propostas! Son súper divertidas!!!

Outra forma de facer cousas na casa e tamén de dar clases de inglés. Espero que vos guste. Moitas apertas!!!

https://www.youtube.com/watch?v=3Ufq1O2JLv4

Distribuir contido