Inglés

PARA @S CHIC@S DE 3-4 ANOS

Ola de novo!

Estou tendo problemas co ordenador e non vos podo achegar hoxe o contido previsto, así que repasade as rutinas que levastes os primeiros días (días da semana, cores, cancións...) para non perder o ritmo.

Disculpade e espero poder solucionarlo cedo.

Gracias pola vosa comprensión. Apertas!

PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola de novo!

Aquí vos mando as respostas da lesson 2 do tema 5 do activity e un pouquiño de práctica sobre as rutinas e as horas coas respostas. 

Espero que non teñades demasiado traballo, ide pouquiño a pouquiño sen agobiarvos, e calquera cousa, xa sabedes que me podedes escribir ó correo englishmestres@hotmail.com

Que disfrutedes desa horiña por aí na rúa e esteades tod@s content@s, que xa falta menos para saír un pouquiño máis. 

Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 6º

Ola!

Por fin conseguín as respostas da lesson 1 do activity do tema 5. Aquí volas mando.

Agora toca estudiar e facer a lesson 2 do classbook e do activity.

Seguide repasando e estudiando como ata agora.

Unha aperta!

PARA @S CHIC@S DE 6º

Ola de novo!

Seguide estudiando a teoría e o vocabulario do tema 5. Estou tendo problemas para enviarvos as respostas da lesson 1 do activity, en canto o consiga, volas subo.

Moitas apertas!

PARA 5º PASADO TO BE

Ola de novo

Parece que houbo algún problema co arquivo que contén o verbo to be en pasado, así que volo escribo por aquí:

I was --> Yo era / estaba

You were --> Tú eras / estabas

He / she / it was --> Él / ella / ello era / estaba

We were --> Nosotros/as éramos/ estábamos

You were --> Vosotros/as érais/ estábais

They were --> Ellos/as eran/ estaban

 

Copiádeo na libreta e así xa o tendes. Seguimos traballando!

PARA @S CHIC@S DE 3º

Ola!

Hoxe seguimos co libro e o activity. Facemos a lesson 2 do classbook e do activity e repasamos o vocabulario e a teoría que dimos ata agora. 

Moitas apertas a tod@s!

PARA @S CHIC@S DE 1º

Ola!

Hoxe achégovos unha fichiña sobre a comida que nos gusta e a que non, para que clasifiquen. 

O vocabulario da ficha é:

Leite: milk                          ensalada: salad

Iogurt: yogurt                     tarta: cake

Ovos: eggs                         pan: bread

Queixo: cheese                   polo: chicken

Limonada: lemonade           xeado: ice-cream

Mel: honey                         peixe: fish

Zume: juice

 

Despois de facer a ficha, podedes xogar ó seguinte xogo:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/food-1

GRACIAS POLO VOSO ESFORZO!

PARA @S CHIC@S DE 5º

Ola!

Hoxe mándovos unhas frases para practicar as preguntas e respostas en pasado con ¿dónde...? - Where? e o verbo to be, co vocabulario do tema 5.

Xa veredes que unha vez que vos saibades o pasado do to be, é moi faciliño o tema. 

Como sempre, mándovos as frases traducidas na segunda páxina, pero usádeas para correxir unha vez feita a tradución.

Se vedes que tendes moitos faios, estudiade un par de días máis e repetide as frases que vos foron máis difíciles. 

Moitos ánimos!

PARA @S CHIC@S DE 5º

Ola, mándovos a teoría do verbo to be en pasado, que ides necesitar para o tema 5.

Tamén vos mando un repaso das horas (que xa temos que saber, e se non, practicar...)

Seguide estudiando tamén o vocabulario do tema 5.

Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE INFANTIL

Ola de novo!

Hoxe mándovos outra canción coa que traballamos na clase e algunha cousiña máis para repasar as partes do corpo en inglés. 

Espero que vos gusten!

https://www.youtube.com/watch?v=eBVqcTEC3zQ

https://www.youtube.com/watch?v=SUt8q0EKbms&t=9s

https://www.eslgamesplus.com/body-parts-esl-vocabulary-memory-game/

Distribuir contido