Inglés

PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola chic@s!

Seguimos repasando a teoría que vos mandei o outro día do verbo to be e have got. Lembrádevos de que tendes que estudiar as horas en inglés para o tema 5.

Hoxe tócanos facer a lesson 2 do tema 5 no classbook e no activity. 

Moitos ánimos!

PARA @S CHIC@S DE 6º

Ola de novo

Xa tendes a teoría dos temas básicos: o verbo to be, o have got... Que tendes que estudiar, tamén en pasado e facer as frases e exercicios que vos mandei, así que todavía tendes traballiño para uns días. 

Non vos esquezades de repetir as frases que vexades que vos custan máis logo dun par de días de repasar a teoría. 

Respecto ó tema 5, tamén tendes a teoría e o vocabulario, así que @s que non a fixestes, facede a lesson 1 do classbook e o activity e ide estudiando o vocabulario. 

Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE 1º

Ola de novo!

Xa é venres! Hoxe mándovos un repasiño da comida para que logo traballemos sobre o que nos gusta e non nos gusta. Ó acabar de ver os vídeos, como actividade, poden facer un debuxo dividindo unha folla en dúas metades, escribindo nunha FOOD I LIKE e noutra FOOD I DON´T LIKE. Logo debuxan os seus alimentos favoritos na metade de FOOD I LIKE e os que non lles gustan na metade de FOOD I DON´T LIKE.

 

Espero que esteades tod@s ben e moitos ánimos, que dentro de nada xa saímos da casa!

Moitas apertas a tod@s dende casa!

https://www.youtube.com/watch?v=yUw3-im44qY

https://www.youtube.com/watch?v=nE8ttvPACeg

https://www.youtube.com/watch?v=cabZLpTaJ2E

PARA @S CHIC@S DE INFANTIL

Ola de novo!

Hoxe de venres, mándovos algo de actividade para que @s nen@s aprendan as accións en inglés e se movan un pouco tamén!

Espero que vos gusten. Moitas apertas dende casa!

https://www.youtube.com/watch?v=4c6FyuetSVo

https://www.youtube.com/watch?v=dUXk8Nc5qQ8

https://www.youtube.com/watch?v=cZeM18fPbvI

PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola! Xa é venres!

Hoxe mándovos a teoría do tema 5 e un pouquiño de práctica coas solucións (por favor, non miredes as solucións mentres facedes os exercicios)

Xa ven a fin de semana e logo xa podedes saír á rúa! Alégrome un montón por vós, porque sei que vos estades portando xenial pero que xa o necesitades moito.

Seguide así de responsables e de bós na casa, e aproveitade para aprender a facer cousas do fogar como cociñar, coser un botón...

Moitas apertas dende a miña casa!!!

PARA @S CHIC@S DE 3º

Ola! Xa é venres!

Mándovos uns exercicios para practicar os básicos que temos que saber, pero facédeos con calma, que son bastantes. 

Espero que esteades tod@s ben e pronto xa poderedes saír da casa!

Moitos ánimos e apertas a tod@s, xa falta menos!

PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola chic@s!

Para este novo tema 5 imos necesitar saber cómo dicir a hora, así que aquí vos van unhas explicacións e un pouquiño de práctica para complementar o traballo do libro.

A ver qué tal se vos da xogar a dicir a hora en inglés!

Moitos ánimos e apertas!

https://www.youtube.com/watch?v=ZCq_kwUALGI

 

PARA @S CHIC@S DE 3º SOLUCIÓNS LESSON 1 UNIT 5

Ola de novo!

Aquí vos deixo as solucións ós exercicios da lesson 1 do tema 5 do activity book. 

Bo día!

 

PARA @S CHIC@S DE 2º

Ola!

Empezamos o tema 5 coas partes do corpo dos animais.

Xa tendes novas fichiñas no caderno de 2º de liveworksheets e aquí vos deixo algunha cousiña máis. 

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/animal-body-parts-1

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/sites/kids/files/attachment/craft-crocodile-puppet.pdf

 

Espero que vos guste! Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE 1º

Ola! 

Hoxe imos repasar unha das cancións máis divertidas para @s peques, para traballar o tema da comida e os gustos. 

A estructura é a pregunta ¿te gusta...? Do you like...? e a resposta é Yes, I do o No, I don´t

Podemos facelo con tódolos alimentos que se nos ocorran, pero aquí vos deixo uns links coa canción e algunha actividade e xa vos subín un par de fichas ó caderno de liveworksheets. 

Aproveitade o tema para cociñar! Moitas apertas!

https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk

https://www.maestralidia.com/do%20you%20like...song%20con%20video.pdf

https://supersimple.com/downloads/give-me-something-good-to-eat-worksheet-uppercase-letter-matching-1.pdf

Distribuir contido