Blogues

.

" Non son un xoguete, son un ser vivo"

Baixo ese lema comezamos a nosa campaña de recollida de comida e enseres para mascotas que foron abandonadas e viven nas canceiras.

O equipo de Bosque de Boas Prácticas déronnos charlas para concienciarnos que as nosas mascotas non son un xoguete e precisan de nós. E, aproveitando que a profe Bea ten adoptadas varias mascotas, preparounos unha fermosa historia real e vivida. 

Podemos trer ao cole este mes de decembro, ata o día 20, comida ou enseres que doaremos a unha canceira.

Grazas a todas e todos por difundir esta campaña e colaborar.


Resolución eleccións Consello Escolar

O luns 28 celebramos as eleccións para a renovación dos representantes do Consello Escolar. Podedes consultar a 3ª acta de AQUÍ 

Eleccións renovación Consello Escolar

O luns 21 de novembro tivo lugar a 2ª reunión da Xunta Electoral para as eleccións para a renovación dos membros do Consello Escolar.

Podedes ler a acta e coñecer as candidaturas premendo AQUÍ.

Día de votación: LUNS 28

Horario de votacións:

09:00- 9:30 h.

    13:30 a 14:00 h. 

    15:50 a 18:00 h. 

Pola importancia do Consello Escolar nun centro educativo, animamos a todas e todos a participar na xornada de votación. 

DÍA NON LECTIVO ESCOLLIDO POLO CENTRO

Tal e como tiñamos solicitado desde o Consello Escolar, a Xefatura Territorial acaba de autorizar como día non lectivo escollido polo centro (art. 7.2. da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia) o LUNS 5 DE DECEMBRO, polo que non haberá clase ese día.

Faladoiros no Luís Seoane

Este xoves, 17 de novembro ás 17:30, na sala de usos múltiplos do cole, inauguramos os Faladoiros, dirixidos á comunidade escolar.

Esta iniciativa pódese realizar grazas á colaboración de: Concello de Oleiros, Cooperativa Aventeira e Garda Civil.

Trataremos a Convivencia escolar, tema clave para o bo funcionamento do centro, que ferramentas existen, que implica, protocolos, lexislación actual... Contaremos tamén coa visión do formador da Garda Civil. Sempre dispostos/as a escoitar, reflexionar, aprender e mellorar.

Esperámosvos e desexamos que sexa do voso interese. Animádevos!

 

 

 

CampaNadal Concello de Oleiros

Desde o Concello de Oleiros informan do Campanadal, que se vai levar a cabo do 26 ao 30 de decembro de 2022, en horario de 9 a 14 horas, nas instalacións do CEIP Isidro Parga Pondal. Ofértanse 25 prazas para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2013 (ambos inclusive) e outras 25 para os nacidos entre os anos 2014 e 2016 (ambos inclusive). Máis información Web do Concello

 

 

Renovación do Consello Escolar

O 2 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que supervisará e organizará o proceso de eleccións para a renovación do Consello Escolar. Podedes consultar a 1ª Acta e o calendario de actuacións premendo AQUÍO censo de nais, pais e titores/as legais estará publicado na secretaría do centro.
 
Este ano temos que renovar dous representantes do sector do profesorado e TRES representantes do sector de nais/pais/titor/a legal do alumnado polo que animamos, a todas e todos aqueles que queiran, a presentar a súa candidatura.
  • Prazo de presentación de candidaturas: do 11 ao 18 de novembro.
  • Día de votacións: luns 28 de novembro.

 

Día non lectivo: Día do Ensino

Tal e como se recolle na Orde do 20 de maio de 2022, pola que se establece o calendario escolar para o curso 2022/23, á que podedes acceder nesta web, no seu artigo 7.3, establécese o luns 31 de outubro como día non lectivo por ser o Día do Ensino.

Retomaremos as clases o mércores 2 de novembro.

Renovación do Consello Escolar

Renovación representantes do Consello Escolar

 Resolución do 19 de setembro de 2022 da, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos ( DOG 30/09/2022 )

O consello escolar é o órgano de participación no centro dos diferentes sectores da comunidade educativa. Está composto pola directora do centro, a xefa de estudos, a secretaria do centro ( con voz pero sen voto), 5 mestres/as elixidos polo Claustro, 5 nais/pais/ titoras/es legais do alumnado ( un deles proposto/a pola ANPA máis representativa), un representante do Concello e un representante do persoal de administración e servizos. Os seus membros son elixidos cada 4 anos e renóvase parcialmente cada dous. Este curso temos que facer a renovación

No sector do profesorado: dous 

No sector de nais /pais/titoras/es legais do alumnado: tres 

Son elixibles e electores todas as nais/pais/ titoras/es legais do alumnado matriculado no noso centro. Todo o proceso está organizado e supervisado por unha Xunta Electoral formada pola directora do centro, unha mestra ou mestre, unha nai/ pai/ titor/a legal e un membro do persoal de administración e servizos, elixidos por sorteo público o día 26 de outubro ás 9.10 horas. Unha vez constituída a Xunta Electoral, informaremos das datas nas que se desenvolverá o proceso de elección e a data de votación. 

Animamos a todas as nais/pais/titoras/es legais do noso alumnado a participar, tanto coa presentación de candidaturas como no proceso de elección.

 ( Os membros da Xunta electoral, os das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral seranlles de aplicación o art. 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril).  

Vales adquisión material escolar

Según o establecido na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 ( DOG 14/10/2022), xa poden recoller os vales de ampliación todas as familias que xa foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar este curso escolar 2022 /23. 

A ampliación consiste nun vale adicional de 25€

Recollida na secretaría do centro no seguinte horario:

  • de luns a venres 9:00 a 14.00 horas 
  • luns de 16.00 a 18:00 horas
Distribuir contido