Blogues

Subvención Concello de Oleiros

Boas familias!!!

Temos a sorte de informar da concesión da subvención para promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros para o ano 2023 de 8.740 euros ao Ceip Luís Seoane para contribuír na realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.

MOITAS GRAZAS AO CONCELLO!

Axudas para adquisición de libros, material e fondo libros curso 2022-23

As listaxes poden consultarse tanto na Sede Electrónica mediante a Chave 365 ou no taboleiro do centro.

*Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes.

Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 30 de xuño

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 1- 4 de xullo

Publicación das listaxes definitivas: 5 de xullo

Entrega de vales: do 6 - 7- 8 de xullo de 9 a 14 horas.

(Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro)

 

Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro, coincidindo coa entrega dos libros de préstamo da ANPA (data a determinar).

No mes de setembro publicaranse na web as listaxes de material.

A listaxe de libros de texto para o curso 2022/23 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web.

INFORMACIÓN DA ANPA DO CEIP LUIS SEOANE

Reunións familias e presentación da charla

 

Familias de alumnado que cursará 4º de Educación Infantil no curso 2022/23. 

Luns 27 de xuño ás 11.30 horas  (tedes a información aquí, Web do DO)

Familias do alumnado que cursará 1º de Educación Primaria no curso 2022/23

Mércores 29 de xuño ás 11.00 horas  (tedes a información aquí, web do DO)

Lugar: na sala de Usos Múltiples do 1º andar do edificio de Primaria

( Asistencia sen os rapaces a estas reunións)

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/23

Aberto prazo de formalización da matrícula para o novo alumnado admitido no centro para o curso 2022/23 do 20 ao 30 de xuño ( ambos inclusive)

Qué documentación necesita presentar para el IMV? - INGRESO MÍNIMO VITAL

Actividades de Acollida ao alumnado de 4º de Educación Infantil

Comezamos no colexio ás actividades de acollida do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil o curso 2022/23:

"Benvidos ao cole"

O luns 20 de xuño de 12:15 a 13:15 horas faremos unha xornada de convivencia no cole á que están convidadas as nenas e nenos que virán o curso que vén a 4º de Educación Infantil acompañados dun adulto (limitamos esta visita a un só adulto por nena/o).

 

"Xuntanza de acollida ás familias"

Desde o Departamento de Orientación, en coordinación co Equipo Docente de E.I, convidamos ás familias a unha reunión o luns 27 de xuño ás 11:30 horas na sala de Usos Múltiples do 1º andar no edificio de Primaria ( esta vez sen as nenas/os). Para máis información premede AQUÍ .

 

(Para a formalización da matrícula, a secretaría do centro poñerase en contacto telefónico con vós neste mes de xuño).

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para o curso 2022/23

As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da  sede electrónica coa Chave 365 (Lei de Protección de datos)

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora e realizala.

Uso da Máscara( 20.04.2022)

Publicadas as DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

da Dirección Xeral de Saúde Pública (20 de abril de 2022)

Actividade de colaboración coa UDC

 

Estimadas familias,

Dentro do programa de colaboración e participación cos servizos externos ao centro, recollido no punto 8 da PXA do curso 2021/22, recollemos a invitación da Universidade de A Coruña para participar nunha actividade que nos parece de moita importancia para a nosa rapazada:

" O impacto dos medios de comunicación na sociedade: Os influencers infantís".

A intención é de escoitar ao alumnado e promover un debate que axude a acadar o obxectivo de favorecer o pensamento crítico de nenas e nenos.

Levarase a cabo durante a semana do 25 ao 29 de abril no marco das materias de Valores Sociais e Cívicos e Relixión a cargo do profesorado do centro, o Departamento de Orientación e dúas docentes da Facultade de Ciencias de Educación da UDC.

Para participar, fíxoselle entrega ao alumnado implicado dunha autorización, que deberá traer asinada antes da realización de dita actividade.

Carta de información ás familias

Proposta de actividade formativa: Desvelando o mundo dos influencers infantís

web do DO

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/23

Xa están publicadas as LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO OU NON ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23.

Poden consultarse de forma presencial, no taboleiro de anuncios do colexio, en horario de 9 a 14 horas ou a través da Sede electrónica coa chave 365. 

*Todo o alumnado que solicitou praza para a etapa de Educación Infantil está admitido no noso centro.

(Por mor da Lei de Protección de datos non é posible tomar fotos de ditas listaxes e difundilas, nen comunicalas por vía telefónica, correo electrónico ou similar. As familias ou quen os represente poden vir consultalas ao colexio)

Tal como establece a convocatoria, ábrese un período de cinco días hábiles para reclamacións desde o 22 ao 28 de abril, ambos inclusive.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio.

 

Distribuir contido