Blogues

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queres formar parte da familia das seoaniñas?

Vén a coñecer o noso cole!!

QUE SOA NO NOSO COLE?

TODOS OS MESES A MÚSICA DO COLE CAMBIA... QUERES COÑECER QUE SOA? SABES PORQUE AS POÑEMOS?

AQUÍ TEDES A NOSA PLAYLIST DO MES DE FEBREIRO... (Tamén podedes ver a de xaneiro).

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O venres celebramos o día da Paz. Cantamos e bailamos, e pedimos que os nosos desexos dun mundo cheo de boas novas fágase realidade.

Disfrutade do nosa pequena, pero significativa, conmemoración no seguinte enlace:

 

ABCD Luís Seoane. Xornal da Paz. 30 xaneiro "Día da Non violencia e a Paz"

la opinion a coruña

Saímos na prensa "La Opinión de A Coruña" polo bo traballo que fixo o alumnado elaborando o "ABCD Luís Seoane". Un xornal de boas novas que non soen aparecer na prensa ordinaria. Repartiremos exemplares polo pobo de Mera pero aínda así deixámosvos o link do formato dixital para que o gocedes. Ademais, sairemos nas redes dixitais da Consellería. Cando as cousas fanse ben...

 

 

 

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN COIDADO DE MASCOTAS

Retomamos a CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DE COIDADO DE MASCOTAS que nos vimos na obriga de aprazar pola situación que a Covid orixinou no cole no mes de Decembro.

Dende aquí compaartimos de novo o vídeo que elaboramos para que coñezades a causa.

Do 24 de Xaneiro ata o 11 de Febreiro, podedes participar co EQUIPO DE BOSQUE DE Boas Prácticas, pois sabemos que todos e todas estades moi concienciados cos peludiños e peludiñas que precisan dun fogar.

Grazas, grazas e grazas!!

RESERVA DE PRAZA NO IES

Publicada a ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

  • As solicitudes poden presentarse a través da aplicación"admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou entregando neste centro os formularios debidamente cumplimentados.

  • Hoxe (luns 16 de xaneiro) enviamos os impresos para os nenos que queiran continuar os estudos no IES ao que estamos asdcritos, o IES María Casares.

  • O prazo de presentación das solicitudes abarca do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

  • As familias que desexen reservar praza noutro centro, deben comunicarse con él e non entregarán no colexio as solicitudes.

MOI BOAS FESTAS

Ola familias!!!

Despedimos este primeiro trimestre agradecendo a toda a comunidade educativa: docentes, coidadoras, conserxe, administrativa, persoal de limpeza e por suposto á ANPA e familias, por todo o apoio e polas mostras de unidade e colaboración nestes días tan complexos que nos tocou vivir.

Desexámosvos un ano repleto de saúde, traballo e moita felicidade que tanto nos merecemos. Non nos cansaremos de darvos as grazas por estares aí e seguir formando a Comunidade Educativa que pilota " o colexio de Canide", o Luís Seoane.

Desexarvos un Feliz Ano e esperamos vervos a todas e todos á volta destas merecidas vacacións. Unha aperta!!!

 

 

    

E velaquí a nosa proposta para tomar as uvas...as badaladas dos nenos e nenas de 6ºB!!

 

 

 

Bo Nadal e Mellor Ano Novo!!!

AVISO CRIBADO EDUCACIÓN INFANTIL

Dada a situación na que estamos e vendo o incremento de positivos por Covid entre o alumnado de E. Infantil, desde a Xefatura Territorial de Sanidade decidiron ESTENDER O CRIBADO A TODO O ALUMNADO, INCLUÍNDO TAMÉN A TODO O PERSOAL DO CENTRO: LIMPEZA, COMEDOR E EXTRAESCOLARES. As familias recibirán un SMS coa cita para acudir ao cribado no AUTOCOVID do CHUAC.

 

Esperamos que con esta medida avancemos na detección de casos e recuperemos a normalidade o máis pronto posible. 

Moito ánimo!!

CRIBADO PRIMARIA XOVES 9 DECEMBRO

CRIBADO ALUMNADO DE PRIMARIA

LUGAR: PAVILLON DO CEIP LUIS SEOANE

O XOVES, 9 de DECEMBRO de 2021, a partir das 10 da mañá, realizarase por parte de persoal do Sergas, que se desprazará ata noso colexio, un cribado entre TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA. Aínda que estades a recibir notificacións vía SMS da plataforma do Sergas, estas son meramente informativas, xa que O LUGAR PARA A REALIZACIÓN DO CRIBADO É O COLEXIO. Esta información foi ratificada a través dun correo electrónico de Sanidade, que vos adxuntamos a continuación.

IMPORTANTE: todo o alumnado DEBERÁ TRAER UNHA AUTORIZACIÓN debidamente cuberta e asinada polo pai/nai/titor legal,  da que podedes descargar AQUÍ un modelo ou incluso escribila a man.

Toda a información vén recollida neste breve vídeo que esperamos sirva para aclarar todas as vosas dúbidas.

     LEMBRADE:

- O alumnado que ESTEA  CONFINADO,  seguindo as instrucións da CSC, NON VIRÁ AO CENTRO a facer o cribado, xa que deberán seguir as instrucións dos rastrexadores.

- O alumnado que, por diversos motivos,  non veña ao colexio ás 9, virá a facer o cribado AS DEZ da mañá e entrará pola porta correspondente, onde haberá persoal do colexio.

- O alumnado que estea no colexio, irá acompañado polo seu grupo e o seu profesorado titor ata o pavillón.

- O LUGAR DA PCR É O NOSO COLEXIO E O ALUMNADO DEBE TRAER A VOSA AUTORIZACIÓN.

 

INFORMACIÓN XERAL

Estimadas familias:

Estamos a vivir unha situación delicada, sumada á intranquilidade que conleva non estar preto de vós nunha ponte tan longa. Dicirvos que estamos en contacto con Sanidade en todo o momento que eles nos demandan. O noso traballo, unha vez Sanidade nos comunica o contacto positivo, é marcar os contactos estreitos na aplicación EDUCOVID. A partir dese momento, confiamos en que o seguinte paso sexa que contacten vós e actúen dentro do plan deseñado para cada caso.

 Lembrade:

  • que aquel alumnado que non poda acudir ao centro será atendido baixo as directrices do Plan de Ensino Virtual do Centro.Os mestres seguirán traballando cando a súa aula estea pechada ou o seu alumnado confinado. 

  • estamos dentro da primeira avaliación e serán os mestres os que decidan como avaliar, se de forma presencial ou virtual, dependendo do caso e da realidade coa que se atopen.

  • o colexio respectará as decisións de Sanidade, que poden variar nas seguintes horas. Estamos á espera de como se efectuará o cribado.

  • o colexio a día de hoxe seguirá aberto. Se houbese que pechalo serían as Xefaturas correpondentes as que o determinen.

  • o alumnado non afectado nin confinado poderá seguir acudindo a clase. Seguiremos a adoptar as medidas preventivas e mantendo os Grupos Estables de Convivencia.

  • serán as autoridades sanitarias, o profesorado e o equipo directivo o que vos comunique oficialmente as actuacións ou medidas a adoptar.

Pola nosa parte, expresar as nosas ganas de seguir traballando para que isto saia adiante. 

 

 

Distribuir contido