O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Blogues |
Recente publicación no BOE da convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24. Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro, ambos inclusive. Para máis información, pódese consultar o BOE do 26 de abril e a web do Ministerio de Educación |
|||
DÍA NON LECTIVO O martes 2 de maio de 2023 non haberá clase por ser un dos días non lectivos elixidos polo centro no Consello Escolar e aprobado pola Xefatura Territorial. |
|||
Xa está publicada a LISTAXE PROVISIONAL de alumnado admitido para o curso 2023/24 As listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da sede electrónica coa Chave 365 (Lei de Protección de datos) (Todo o alumnado que solicitou praza dentro do prazo establecido foi admitido) |
|||
Desde a Anpa do cole, informan que, como se fai todos os anos por estas datas, sacarán as fotos de cada clase e de grupo por curso, os días 3 e 4 de maio. Repartiranse unhas autorizacións para realizalas a través das titorías das vosas fillas e fillos. Podedes consultar o día e o grupo AQUÍ
|
|||
A ANPA, coa empresa Jardanay, a partir do terceiro trimestre, vai realizar cambios no servizo de almorzos introducindo melloras para fomentar así hábitos nutricionais saudables. Podedes coñecer as novidades na web da ANPA e tamén premendo neste enlace. |
|||
Actualización de previsión de vacantes curso 2023-24 ( 13.03.2023) |
|||
O alumnado de 6º de E.P. que fixo reserva para o curso de 1º da ESO no IES María Casares, centro ao que estamos adscritos, foi admitido. Podedes consultar a listaxe no taboleiro de secretaría do centro |
|||
RESERVA DE PRAZA ALUMNADO DE NOVO INGRESODO 1 AO 20 DE MARZOCONSULTA TODA A INFORMACIÓN DENDE AQUÍ
|
|||
Xa toca elexir cole e ir pensando en facer a reserva ( estade pendentes da web). Por este motivo,abrimos o cole o 9 de marzo ás 16.30 h. a nais, pais e titores e titoras legais do posible alumnado, nesta ocasión sen nenos nen nenas. Estaremos encantadas de saudarvos.
|
|||
Este ano imos celebrar o Entroido cun desfile desde o colexio ata a Lagoa de Mera. Sairemos do centro sobre ás 11:15 camiñando polo paseo do Balcón de Maianca. Agardámosvos na rúa para vernos e desfrutar deste día dando "A volta ao mundo en 80 días"! ( O alumnado de Infantil e 1º de EP subirá de volta en autobús para o colexio ás 13.00h.) |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »