O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Blogues |
LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024Para descargar os arquivos, preme no enlace:
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024 Podedes acceder ás listaxes premendo no enlace. IMPORTANTE: os libros de 3º e 4º EP para alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto serán repartidos o LUNS 11 DE SETEMBRO DE 16:00 A 17:00 horas, nas aulas correspondentes. Os cursos de 5º e 6º de E.Primaria non teñen libros de texto por estar adheridos ao Programa EDIXGAL.
REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO (A asistencia ás reunións será sen nenas nen nenos)
- Xoves 7 de setembro, ás 11 h - Luns 25 de setembro, ás 16:30
( Non poderá haber alumnado sen supervisión no colexio durante a realización destas reunións) INFORMACIÓN DA ANPA HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NA PRIMEIRA SEMANA DE CLASE
|
|||
Do 1 ao 30 de agosto de 2023 podedes facer a reserva das vosas fillas e fillos como usuarios do comedor para o curso 2023/24. No tríptico informativo de Jardanay tedes toda a información para facer a inscrición a través da súa páxina ( https://jardanay.es/ ). Toda a información está no blog da ANPA, onde tamén atoparedes a información das actividades extraescolares para o curso 2023/24.
|
|||
As listaxes poden consultarse na Aplicación "fondolibros", mediante a Chave 365, ou no taboleiro de anuncios do centro. *Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes. Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 4 de xullo Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 5 e 6 de xullo Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo Entrega de vales: do 10 ao 14 de xullo de 9 a 14 horas
Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro. A listaxe de libros de texto para o curso 2023/24 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web. Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro
|
|||
Datas de reunións coas familias
Lugar: sala de Usos Múltiples do 1º andar do edificio de Primaria ( Dado os contidos a tratar, asistencia sen os rapaces a estas reunións) (Información na Web do DO)
|
|||
Aquí podedes ver o cartel da festa da ANPA para o xoves 15 de xuño.
|
|||
Comezamos no colexio as actividades de acollida do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil o curso 2023/24: "Benvidos ao cole" O xoves 15 de xuño de 12:15 a 13:15 horas faremos unha xornada de convivencia no cole á que están convidadas as nenas e nenos que virán o curso que vén a 4º de Educación Infantil acompañados dun adulto (limitamos esta visita a un só adulto por nena/o).
"Xuntanza de acollida ás familias 4º E.I." Desde o Departamento de Orientación, en coordinación co Equipo Docente de E.I, convidamos ás familias a unha reunión o martes 27 de xuño ás 12:00 horas na sala de Usos Múltiples do 1º andar no edificio de Primaria ( esta vez sen as nenas/os). Para máis información premede AQUÍ.
(Para a formalización da matrícula o prazo é do 20 ao 30 de xuño e a secretaría do centro poñerase en contacto telefónico coas familias das nenas e nenos admitidos). |
|||
Como cada ano a ANPA vai organizar unha festa de "Fin de Curso", será o día 15 de xuño pola tarde. O alumnado deberá ir acompañado dun adulto, confirmar a asistencia e recoller a pulseira. Aquí vos deixamos a nota informativa. Apuntádevos!
|
|||
DESTINATARIOS
CAMBIO LIBROS DE TEXTO
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
|
|||
Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado ADMITIDO para o curso 2023/24 As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da aplicación admisión alumnado coa Chave 365 ou DNI electrónico (Lei de Protección de datos). O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora e realizala. Estades pendentes á publicación de novas nesta páxina web.
|
|||
O CFR de A Coruña organiza dentro do programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes unha charla informativa para as familias sobre un tema moi solicitado e que preocupa sen dúbida ás comunidades educativas: Os riscos da pornografía nas redes. Trátase dunha charla en formato virtual, que terá lugar o mércores, 10 de maio de 2023 ás 18.00 horas. Non fai falta inscribirse. Podedes acceder a ela dende esta ligazón: https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »