Sesión

Blogues

RESOLUCIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE ANO 2018 DO CONCELLO DE OLEIROS

Familias, bo día e bo inicio do 2º trimestre,

 

Non podemos empezar de mellor maneira que coa notificiación da concesión da subveción para a promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros.

Podedes ver os detalles no adxunto desta mensaxe.

 

MOITÍSISMAS GRAZAS AO CONCELLO DE OLEIROS

FESTA DE NADAL NO COLE

 

O venres 21 de decembro, festexamos a chegada das vacacións de Nadal. Foi unha festa Xenial! Contamos coa visita dos avós do Centro de Maiores de Oleiros que participaron cantando unhas panxoliñas tradicionais. Ademáis, coa colaboración das familias e do ANPA poidemos degustar unha “Cea de gala”, tomar os doce flocos de millo coas badaladas tradicionais e, por suposto, contamos cunha animación estupenda que fixo que bailaramos moitísimo...

Todo o cole colaborou facendo uns pequenos detalles navideños para os avós e eles e elas tamén nos obsequiaron cuns preciosos agasallos feitos por eles mesmos...

Podedes ver unha pequena mostra no seguinte video...

FELICES FESTAS!!!

 

 

FESTA DE NADAL NO CENTRO

Este venres 21 de Decembro celebraremos a chegada das Festas Navideñas con varias actividades durante a mañá.

Coa colaboración da ANPA festexaremos o día cunha chocolatada e merenda, ademáis cremos que o tempo acompañará... Tomaremos os doce "flocos de millo" coas badaladas de Aninovo e, este ano, teremos a visitas dos avós do Centro de Maiores de Oleiros, que festexarán o día connosco cantando uns villancicos tradicionais.

Será unha festa xenial!!! E verémonos á volta o martes 8 de Xaneiro coas  pilas cargadas para comezar o ano con gañas!!!

FELICES FESTAS E BOA ENTRADA DE ANO!!!

 

GAÑADORA DO CONCURSO DO CONCELLO DAS POSTAIS DE NADAL

Temos alumnos e alumnas artistas neste Centro e este ano gañamos o concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Oleiros.

A gañadora é Ainhoa Abeleira, alumna de 2º A de Educación Primaria. A súa postal será repartida por todo o Concello para que os nenos e nenas poidan escribir unha bonita carta e así pedir os agasallos. A postal é preciosa e, ademáis, o Concello agasallou ao noso Centro cun lote de libros que pasarán a formar parte das nosas Bibliotecas e aulas.

Noraboa Artista!!!!! Parabéns polo traballo e polo premio!!!

 

            

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS E O PLANETARIO

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º VISITARON ESTA SEMANA A CASA DAS CIENCIAS E O PLANETARIO ONDE APRENDERON MOITAS COUSAS SOBRE O ESPAZO, A FÍSICA E SOBRE TODO POIDERON EXPERIMENTAR.

A PESAR DO TEMPO FOI UN DÍA MOI APROVEITADO!

 

3 de Decembro DÍA DA DIVERSIDADE

 

 

O CEIP LUÍS SEOANE está ”BAIXO O MESMO PARAUGAS” loitando por unha igualdade social real. Sumàmonos a esta iniciativa có noso apoio.

 

ACTO DE CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

O día 25 de Novembro celebramos o Día para A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, neste cole realizamos diferentes actividades nas aulas e pechamos este venres cun acto conxunto para reivindicar os dereitos e libertades das mulleres cós homes ao noso carón. Por unha sociedade libre de violencia de xénero!!!

PODES VER AS IMAXES E VÍDEOS PINCHANDO NA SEGUINTE FOTO:

RESOLUCIÓN BECAS COMEDOR

Bo día familias,

 

Adxuntamos a listaxe de solicitudes de asistencia a comedores escolares durante este curso: as admitidas, as desestimadas e as que teñen que presentar documentación.

Tamén a podedes consultar no taboleiro do colexio.

 

IMPORTANTE!!! Tedes 10 días para presentar alegacións se o considerades necesario.

 

Para ver a listaxe tedes que pinchar no arquivo adxunto.

 

Un saúdo

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Bo día familias,

 

Recordamos que o luns, 26 de novembro, terán lugar as eleccións para a renovación parcial de representates de nais e pais do consello escolar.

As candidaturas presentadas son:

-María de la Oliva Blanco Díez

-Almudenas Matos Fariñas

-Mar Fraga Pérez

 

A mesa electoral estará situada na secretaría do colexio e o horario de votación será o seguinte:

De 9:00h a 9:30h

De 13:30h a 14:00h

De 16:00h a 18:30h

 

Un saúdo

 

 

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil tiveron a sorte de visitar o Parque de Bombeiros da Coruña. Foi unha visita súper divertida onde os nenos poideron experimentar e investigar sobre o traballo destes profesionais. Unha chulada!!

 

 

PODEDES VER A PRESENTACIÓN DAS FOTOS DESTA VISITA FACENDO CLIC AQUÍ: VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS ;-)

Distribuir contido