|
|
|
|
|
O 2 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que supervisará e organizará o proceso de eleccións para a renovación do Consello Escolar. Podedes consultar a 1ª Acta e o calendario de actuacións premendo AQUÍ. O censo de nais, pais e titores/as legais estará publicado na secretaría do centro.
Este ano temos que renovar dous representantes do sector do profesorado e TRES representantes do sector de nais/pais/titor/a legal do alumnado polo que animamos, a todas e todos aqueles que queiran, a presentar a súa candidatura.
- Prazo de presentación de candidaturas: do 11 ao 18 de novembro.
- Día de votacións: luns 28 de novembro.
|
|
|
|
|
|
|