EDUCACIÓN PRIMARIA

Hoxe Aia e Zaira, de 6°, achegáronse á Casa do Concello para facerlle unha pequena entrevista ao alcalde, Alfredo Dovale Pedreira.

Moitas grazas, Alfredo, por recibirnos e dedicarnos un rato do teu tempo. 

O programa completo de radio, xunto coas demais entrevistas, será publicado a comezos de curso.

 

O pasado venres realizáronse as primeiras entrevistas para a nosa radio.

Queremos dar un millón de grazas a Janine Funke e Anika Damm por facer isto posible, e ás veciñas e veciños entrevistados por compartir un anaco do seu valioso tempo e contarnos cousas moi interesantes.

Parabéns ao alumnado de 4º, 5º e 6º polo traballo realizado, as ganas de aprender e o entusiasmo amosado.

Próximamente daremos a coñecer o logo e poderedes escoitar os primeiros podcasts.  Mentres tanto, aquí deixamos unhas imaxes...

  

  

  

 

(Facer click nas imaxes para agrandar)

 

 

Sementeiro

No CEIP Franciso López Estrada estamos a realizar un sementeiro na aula. O estudo das diferentes hortalizas, as súas características, os seus coidados e a responsabilidade de manter o plantado, forma parte dun proxecto amplo e motivador que se estenderá até final do curso. 

Comezamos a plantación

As nenas e nenos encárganse de elixir as súas sementes e de proceder co plantado. Ben de forma individual, ou con axuda dun compañeiro, seguen todos os pasos necesarios para realizar correctamente a tarefa. 

Botamos a semente

O paso de botar a semente é un dos máis delicados e ao mesmo tempo o que máis ilusión lles fai. 

Anotamos a información importante

A plantación ten unha parte de investigación e rexistro. O alumnado anota a data de plantado, busca as características e necesidades das hortalizas e fai un seguimento dos cambios que se van producindo. 

Regamos as sementes

O sementeiro régano de forma autónoma, varias veces á semana. Confiemos en que a maioría das plantas se logren e que a colleita sexa boa. 

Calquera idade é boa para comezar a iniciarse no deporte, en concreto no running, que é unha das actividades físicas máis completas e saudables. A práctica do running para os nenos pode ser moi beneficiosa, tan só é necesario seguir unha serie de consellos para fomentar a actividade física.

Dende que os nenos comezan a dar os seus primeiros pasos, comezan a explorar e descubrir, e correr convértese desta forma, nunha das súas actividades favoritas, no parque, na rúa ou en casa, a modo de xogo os nenos basean parte dos seus xogos máis divertidos correndo, especialmente ao aire libre.

Con todo, cando o neno xa creceu e comeza a mostrar un interese especial polo deporte, é o momento de comezar a ensinarlle os beneficios desta práctica, aos poucos e a modo de xogo ata que se converta nunha rutina diaria. Pero para iso o primeiro paso será consultalo cun especialista o cal marcará as pautas necesarias para adaptar o ritmo do deporte á idade e constitución física do neno, en relación ao seu crecemento.

En calquera caso os beneficios do running para os nenos son indubidables e motivalos cara ao deporte fará que se convertan en nenos moito máis saudables. Para iso, nada mellor que motivarlles mediante xogos, circuítos e pequenas carreiras, de forma que sexa máis fácil comezar a corrixirlles os posibles fallos que todo corredor comete ao principio do seu adestramento.

É fundamental que o neno mostre iniciativa cara á práctica do running, de forma que acuda aos adestramentos de forma regular e mellore a súa técnica. A participación en competicións especiais para nenos e unha rutina diaria serán o primeiro paso cara ao inicio da súa carreira como corredor.

Compartimos con todos vos, as imaxes da saída do pasado venres. Onde acudimos a Moeche os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e desfrutamos dunha xornada moi entretida realizando actividade física con competición e convivencia con outros nenos/as.

 

Distribuir contido