Facemos un sementeiro

Sementeiro

No CEIP Franciso López Estrada estamos a realizar un sementeiro na aula. O estudo das diferentes hortalizas, as súas características, os seus coidados e a responsabilidade de manter o plantado, forma parte dun proxecto amplo e motivador que se estenderá até final do curso. 

Comezamos a plantación

As nenas e nenos encárganse de elixir as súas sementes e de proceder co plantado. Ben de forma individual, ou con axuda dun compañeiro, seguen todos os pasos necesarios para realizar correctamente a tarefa. 

Botamos a semente

O paso de botar a semente é un dos máis delicados e ao mesmo tempo o que máis ilusión lles fai. 

Anotamos a información importante

A plantación ten unha parte de investigación e rexistro. O alumnado anota a data de plantado, busca as características e necesidades das hortalizas e fai un seguimento dos cambios que se van producindo. 

Regamos as sementes

O sementeiro régano de forma autónoma, varias veces á semana. Confiemos en que a maioría das plantas se logren e que a colleita sexa boa.