POLOS CREATIVOS

XOGO "SALVAR A FLOTA"

Con fichas de embarcacións tradicionais galegas, impresas na nosa impresora 3D.

  

 

 

Fonte do recurso (deseño das pezas imprimibles):

Fasquia 3D (Proxecto do CIFP Ferrolterra en colaboración co IES Francisco Aguiar)

 

Plantilla deseñada no CEIP Francisco López Estrada

O flexicubo está formado por oito cubos que se unen de maneira estratéxica de forma que poidamos xiralo en distintas direccións e observar todas as súas caras. As caras do flexicubo están recubertas con diferentes imaxes que iremos descubrindo mentres xogamos con el. 

MAQUETA DE BARCO CON LUZ, SERVOMOTOR E SONIDO

1º E 2º EP

 

 


A comezos do mes de novembro chegábanos esta carta, na que "Ánxeles Alvariño" nos retaba a investigar sobre os faros:

 

 

Puxémonos mans á obra e comezamos a investigar na casa, na internet, na biblioteca, nas nosas aulas... e descubrimos moitas cousas interesantes.

 

Ademais, decidimos elaborar o noso propio catálogo de faros das Rías Altas, así que repartimos o traballo e cada nena/o recompilou ou información sobre un faro e fixo un traballo/mural sobre el. 

 

 

Tamén construímos maquetas de faros con diferentes materiais (legos e outras pezas de construción, cartón e outros materiais de refugallo...).

 

 

 

Todos os produtos creados foron expostos no centro xunto cun mapa de Galicia onde cada un de nós situamos o noso fato colocando unha foto.

 

 

Finalmente, presentamos os nosos traballos aos compañeiros/as de 4º da ESO do IES de Ortigueira, aproveitando a súa visita ao noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido