Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR.

No DOG do 22 de maio de 2017 saíu publicada a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017-2018.

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Ed. primaria. Para rendas per cápitas do ano 2015 inferiores a 9.000€.
  3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2015 inferiores a 5.400€.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata 23 de xuño.

Para ser beneficiario do fondo é das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE, DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO(NESTE CURSO 2016-2017).

No adxunto podedes descargar o ANEXO I da solicitude.

Si tedes algunha dúbida podedes pasar por Dirección.

AdxuntoTamaño
solicitude fondo de libros.pdf2.2 MB