Iniciar sesión: Acceso

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe nos visitou un Inspector de policía para contarnos un pouco sobre os perigos de Internet, unha charla moi interesante para os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser.

A intención desta charla é que os nosos alumnos e alumnas se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Esperemos que a charla de hoxe fose de gran axuda para os alumnos e alumnas de 5º e 6º.