Iniciar sesión: Acceso

NOVAS PROPOSTAS

Ola familias!!

Aquí estamos de novo para contarvos todo o que fixemos esta semana.

No recuncho de arte formamos diferentes grafismos con pedras de cores seguindo a cintas pegadas na tuff, traballando moito coas nosas manciñas.

No recuncho de lectoescritura os peques de 3 anos identificaron e formaron o seu nome ao mesmo tempo que traballaban a motricidade fina, posto que tiñan que coller as pinzas coas letras para poder formalo.

Os peques de 4 e 5 anos traballaron a conciencia fonolóxica, identificando a inicial dunhas imaxes.

Posto que xa rematou o mes de setembro, como actividade de lóxica matemática fixemos o rexistro do tempo: contamos os pompóns de cada bote e puxemos tantos gomets como pompóns había, Despois escribimos o número que representaba esa cantidade. Os máis peques da clase identificaban o número e o pegaban e os demais o escribían. Ademais anotamos o nome do mes traballando así a lectoescritura.

Esta semana tamén realizamos unha actividade para traballar a coordinación óculo manual, a atención e a orientación espacial cun novo material que estreamos. Tiñamos que formar unha torre seguindo o patrón dado, atendendo moito á peza, á súa cor e á súa posición.

No proxecto de China formamos a súa bandeira e completamos o mapa do mundo.

Posto que temos a sorte de ter castiñeiros ao lado do cole e que xa había moitas castañas no chan fomos recollelas.

Na sesión de valores puidemos coñecernos un pouco máis escoitando e respectando o turno de palabra mestres os demais compañeiros/as nos amosaban o seu xoguete preferido e nolo describían. Despois pasamos momentos xuntos compartindo os xoguetes cos demais.

A próxima semana moito máis!!Sorriso