Iniciar sesión: Acceso

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Despois dun días de descanso xa estamos de volta con enerxía para afrontar o último trimestre deste curso. 

Comezamos coñecendo a dúas artistas galegas como celebración das Artes Galegas que tivo lugar o 1 de abril: Miriam Rodríguez, cantante, e Maruja Mallo, pintora.

Tamén fixemos unha actividade de grafismo creativo facendo un arco da vella coas súas distintas cores e entre cada arco realizamos diferentes grafismos que os compis ían suxerindo.

Ademais elaboramos unhas pantasmas para decorar a biblioteca do cole, posto que ao día seguuinte contabamos cunha visita moi especial.

Tivemos a sorte e o pracer de poder contar no noso cole coa visita de Gema e Rocío, a escritora e ilustradora dun conto precioso, " A pantasma colorida" que no ensina a ver todo de cor.

Despois decoramos cada un/unha a nosa saba con debuxos e selos para despois poder facer a nosa pantasma. Gema lle poñía a cabeza e Rocío unha cara sorinte.

Tamén realizamos unha actividade de escritura, onde partindo das iniciais do mes de abril tiñamos que escribir unha palabra que comezase por cada letra.

Esta semana tamén tivemos que decorar o noso espello das emocións, o cal empregaremos en diversas actividades.

A primeira delas foi por un lado identificar as emocións nos demais e representar dita emoción nos mesmos mirándonos ao espello para ver como nos cambia a cara segundo esteamos contentos, tristes ou enfadados. Despois tamén a mestra nos plantexou diversas situacións e nós tiñamos que dicir como nos sentiriamos e representar esa emoción.

A vindeira semana moito máis. Boa fin de semana!!!