Iniciar sesión: Acceso

PERÍODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO!

Os pequenos e pequenas de 3 anos xa remataron o período de adaptación!

Foron días de sorpresas, de actividades, de xogos e moitas emocións. Días adicados a coñecer aos novos compañeiros e compañeiras, ás profes, os recantos da aula e as diferentes zonas do patio. Pouco a pouco imos adaptándonos ao novo horario e ás rutinas  como a asamblea, a hora da merenda ou as sesións de relaxación.

Estamos listos e listas para seguir avanzando nesta nova etapa!!