Grazas ao avó de Sara que nos madou unha bolsa chea de espigas puidemos desgranalas e conseguir moitos grans de maínzo cos que traballaremos na aula.
Observamos que algunhas teñen grans vermellos e outras amarelos, ademais de que hai que ter forza para poder sacalos, pero fomos capaces!!!
Moitas grazas avó de Sara!!!
Hoxe os nenos e nenas de infantil celebramos o noso día, o Día da Infancia. Falamos deste tema na asemblea e despois entre todos fixemos un mural para poñer no pasillo do centro. Nel deixamos impresas as nosas mans e coloreamos carteis con algúns dos nosos dereitos, os cales deben ser respectados.
Hoxe viñeron a contarnos un conto a mamá e o papá de Paula, e foi ela quen o escolleu: "Lo que escuchó la mariquita después".
Encantounos esta historia dunha xoaniña que logra evitar que dous ladróns lle rouben os ovos a unha galiña, enganando aos cacos e levándoos a un lugar que non ule moi ben.
Despois fixéronnos unha preguntas sobre o conto para ver se prestaramos atención, e SOUPÉMOLAS TODAS!!!
Para rematar fixemos un debuxo do conto que levamos para a casa!!
Moitas grazas á familia de Paula por vir!!
Estes días estivemos facendo a nosa árbore do outono con material reciclado e xa as temos todas rematadas!!!!
Para facelas usamos conos de papel hixiénico que pintamos de cor marrón como se fosen troncos das árbores e despois pegamos anacos de follas de verdade que recollemos no patio, tanto nas ramas, como no chan, xa que no outono a algunhas árbores lles caen as follas.
Quedaron moi bonitas!!!
Hoxe fomos de excursión a Narón a ver a representación da obra "Acuario" de María Canosa.
Coñecimos moitos peixes que viven no mar como o congro, a meiga, a agulla ou a xarda.
Pasámolo moi ben!!!!