Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

IMOS DE EXCURSIÓN

   Como excursión por estas datas fomos ao centro de Ferrol a realizar varias actividades. 

   Primeiro fomos a un obradoiro de Papiromates onde resolvemos unhas tarefas para poder conseguir unhas chaves que abrían un libro, tiramos materiais de refugallo a unhas canastas, vimos figuras feitas con papel e fixemos una marcapáxinas que despois levamos para decorar na casa.


                      


                                   


               


                            


                 

   
   Despois fomos a ver o Belén da Rúa Dolores.


                 

   E por últimos tomamos o chocolate con churros, que rico estaba!!!


                  




 
 

CELEBRAMOS O NADAL: MANUALIDADES

   Para continuar coas celebracións, fixemos unhas manualidades: un reno e unha postal que levamos para a casa. Quedaron moi ben!! 

 

 

 

 
 

 

CELEBRAMOS O NADAL: DECORAMOS

   Para poder celebrar estas datas tan especiais primeiro comezamos por decorar a nosa clase. Para iso pintamos unha árbore de madeira e os seus adornos, ademais dos que puxemos nas ventás.
   Despois adornamos a nosa árbore e puxémoslle luces, quedou moi bonita!!!

             

               

               

           

   Para seguir coa decoración, tamén fixemos unhas estrelas para poñer no mural do centro sobre o proxecto que estamos a traballar este curso: A volta ao mundo de Magallanes e Elcano.

              

              

   E por último, así quedou a nos porta da aula.



CONTACONTOS SOBRE A IGUALDADE

   O mércores tivemos unha sesión de contacontos moi interesante: Gemola veunos a falar sobre a igualdade. Con ela cantamos cancións; escoitamos o conto de "Rosa Caramelo" de Adela Turin; e falamos dos xoguetes, posto que non hai uns para nenas e outros para nenos, tod@s podemos xogar cos xoguetes que queiramos. Tamén nos falou das tarefas da casa, xa que tod@s podemos colaborar e poñer o noso graniño de area.

   Pasámolo xenial!!! Volve pronto!!

          

                  

                                       

                                            

NOVA LECTURA DAS FAMILIAS

   Nesta ocasión veu a mamá de Emma a contarnos un conto moi bonito "Oso y su diente de leche" de Julia San Miguel y Marta Munté, que narra a historia da caída do dente de Oso e cómo os seus amigos lle axudan a buscalo cando o perde.
   Ademais tróuxonos unha lupa como a do conto e estivemos mirando a través dela os obxectos que temos na aula, e tamén fixemos un debuxo. Pasámolo moi ben!!
   Moitas grazas por vir!!

         

                      

Distribuir contido