CURSO 2020-2021

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade Funcional. O alumnado, segundo o seu nivel, traballou con diferentes materiais. En xeral, o alumnado máis novo traballou o conto "Un mar de color", sacado do blog Aula Apoyo Integración. O alumnado dos cursos máis altos traballaron o corto "Nobody is normal".

Algunhas aulas puideron ver por dentro como é un centro específico, contado polos propios usuarios do centro. Foi un video breve pero moi interesante.

E como actividade central, decoramos a cortiza da entrada principal para realizar este photocall entre todo o alumnado do cole,  co lema "Baixo o mesmo paraugas", como símbolo da inclusión.

 

 

Enlace para acceder á galería de fotos onde están aloxadas as fotos do Día da Diverdidade Funcional

 

 

 

 

 

 

 

 

RESUMO DE ACTIVIDADES OUTUBRO-NOVEMBRO 2020

Este curso non tivemos tempo de actualizar o blog do centro. Aínda que é un ano diferente, e todo tivo que reinvertarse para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa, realizamos moitas actividades. Algunhas das celebracións tradicionais, este ano celebrámolas na aula; outras, como o Samaín ou o magosto, celebrámolas a nivel de centro (sempre respectando os grupos de convivencia estables).

 

SAMAÍN

A finais de outubro, celebramos o Samaín. Fixemos cabazas, creamos contos e poesías sobre o tema, disfrazámonos,... Clicando na foto accederedes á galería de fotos do Samaín.

 

 

MAGOSTO  E DÍA DO PEÓN

   Outra das actividades tradicionais é a celebración conxunta do magosto e o día do peón. Esta celebración fixémola a semana do luns 9 ao venres13 de novembro.

Coma sempre, practicamos a técnica co peón, fixemos moitos xogos tradicionais tendo coma convidada especial "a castaña".En cada aula de infantil compuxeron unha poesía sobre o magosto/a castaña; nas aulas de primaria cada alumno/a fixo un conto ou poema sobre o tema. O xoves, no patio fixeron unha lectura das composicións seleccionadas.

 

Clica na foto para acceder á galería de fotos do magosto

 

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro traballamos os dereitos do neno, pero tamén os seus deberes como parte da sociedade na que viven. Cada aula realizou actividades axeitadas ao nivel do seu alumnado.

 

Clica na imaxe para acceder ás fotos

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o día elexido para facer visible este problema que afecta a nosa sociedade. É importante concierciar e educar desde edades temperás para erradicar este tipo de conductas.

Días antes da celebración o noso cole espertou co número 28. O 28 aparecía por todas partes: en portas, paredes, escaleiras, fiestras,... O alumnado foi motivado a investigar, e algúns chegaron a saber qué significaba o "28". O día 25, xunto co 28 aparecía un cartel que dicía "25 N, nin unha menos".

Todas as aulas, traballaron sobre o tema.

 

PLAN DE CONTINXENCIA

Publicación do Plan de Continxencia sobre actuacións en caso de abrochos ou confinamentos para o curso 2020-2021.

ACCESO AO DOCUMENTO

 

 

PRESENTACIÓN EDIXGAL

 

Estimadas familias:

 

Na seguinte presentación podedes acceder a unha breve información sobre o Proxecto Edixgal, iniciado no presente curso no noso centro, polo alumnado de 5º de Primaria.

Para acceder á presentación clicade na imaxe.

 

IMPORTANTE: INICIO DE CURSO 2020-2021

DATAS DE INICIO DO CURSO 2020-2021

 

Segundo a resolución do 1 de setembro, a incorporación do alumnado este curso será gradual.

 

Xoves 10 de setembro incorpórase: Alumnado de 4º e 5º de Infantil

                                                            Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria

 

Venres 11 de setembro incorpórase:  Alumnado de 6º de Infantil

                                                              Alumnado de 4º,  5º e 6º de Primaria

 

ACLARACIÓN: O VENRES 11 É LECTIVO PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.


Normativa: Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

 

Distribuir contido