Decembro 2021

RECOMENDACIÓN LECTORAS PARA O NADAL

Bo día nenos e nenas!

Neste último día de colexio queremos deixarvos unha serie de recomendacións lectoras para estas vacacións. No arquivo adxunto atoparedes moitos contos clasificados segundo a idade (primeiros lectores, lectores autónomos e lectores expertos) xunto cunha serie de cómics que sabemos que vos encantan.

Disfrutade moito do Nadal. Que teñades unhas felices festas e un bo comezo de ano novo.

Vémonos á volta!!

O CAMIÑO DE SANTIAGO (O CAMIÑO FRANCÉS E O CAMIÑO INGLÉS)

Aquí vos deixamos o traballo que fixeron os alumnos/as de 5º sobre o camiño de Santiago.

Neste caso, os nenos e nenas de 5º A traballaron no camiño francés e os de 5º B, no camiño inglés.

A que lles quedou ben bonito?

 

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Ola rapaces! 

Neste estante poderedes ir vendo as novidades que imos adquirindo para a biblioteca do colexio.

Botádelles un ollo que hai moitos contos que vos van encantar!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

MURAL PARA O DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ola nenos e nenas!

Na anterior entrada do blogue mostramos o recuncho que creamos na biblioteca para o dia da diversidade funcional.

Despois de traballar a semana pasada sobre este tema, creamos un mural con distintas pezas de crebacabezas. Nestas pezas tiñamos que poñer palabras relacionadas co tema e co que traballáramos ao longo da semana.

A que nos quedou un mural moi bonito?

Powered by Drupal - Design by artinet