A nosa biblioteca

O noso centro conta cunha biblioteca PLAMBE, isto é que está inscrita no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Por iso, un grupo de profesoras e profesores apaixonad@s, traballan dende o ano 2012 para mellorar o servizo da biblioteca do centro.

A nosa biblioteca conta cun mostrador e unha zona cunha pizarra dixital para o uso de todo o alumnado, dende infantil a primaria.

Noutra das zonas da nosa biblioteca, o alumnado pode ler comodamente os seus libros preferidos.

Os fans da banda deseñada están de sorte xa que a nosa biblioteca conta cun recanto destinado a este estilo.

Para estar ao día das cousas que pasan no mundo e poder facer a súas investigacións, o alumnado conta con dous ordenadores de sobremesa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet