Formación para os colaboradores da biblioteca

Hoxe na hora do recreo, o alumnado colaborador da biblioteca realizou unha pequena sesión de formación, impartida polo profesorado do equipo de biblioteca. A primeira parte da sesión dedicouse a un concepto moi concreto: O VOLUNTARIADO. Tod@s el@s son voluntari@s xa que responderon activamente á chamada dunha organización (equipo de biblioteca) para a participación dun proxecto (proxecto Plambe), sen recibir remuneración económica e comprometéndose cunhas tarefas, funcións e uns horarios. Para aclarar estas cuestións, realizouse o visionado de dous vídeos sobre o tema que de seguido vos deixamos (PREME NO TEXTO):

ES TÚ MOMENTO. HAZTE VOLUNTARIO

 

TIPOS DE VOLUNTARIADO

 

 A segunda parte da sesión adicouse á formación sobre a xestión, coidado e utilización dos libros electrónicos da biblioteca. 

Powered by Drupal - Design by artinet