Día da muller

A MULLER NA PRENSA

Neste mes de marzo ten un papel moi importante a muller e, desde o cole, non queríamos deixar pasar a oportunidade de indagar e reflexionar máis sobre este tema. Desta maneira, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria buscamos artigos na prensa onde se falara das mulleres en diferentes ámbitos, dos seus logros, preocupacións, oficios, etc.

Aprendimos, debatimos e enriquecémonos moito con esta actividade.

A continuación dexámosvos o mural que elaboramos.

 

VISITA DA XORNALISTA ANA F. CUBA

 

O pasado martes 15 de marzo recibimos os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria a visita da xornalista de Ana F. Cuba.

Previamente a esta visita e co motivo do 8M (Día da Muller) e da semana da "Muller na prensa", investigamos sobre a profesión de Ana e recollimos algúns artigos que foi publicando ao logo dos anos.

Ana F. Cuba é unha xornalista que traballa no periódico de "La Voz de Galicia" e encárgase de facer artigos e recoller e contrastar información sobre noticias de Ortigueira e dos concellos do arredor.

Na súa visita puidemos coñecer máis en profundidade en que consiste ser xornalista, que tivo que estudar, os pasos que segue para recoller a información, contrastala e logo redactala, etc.

Aprendimos un montón de cousas novas e, ademais, tivemos a oportunidade de facerlle preguntas. Foi unha charla moi interesante e entretida.

Deixámosvos algunhas fotos deste día.

Gústannos moito estas visitas!!

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Ola nenos e nenas!

Como xa sabedes, hoxe día 8 de marzo, celebramos o día da muller.

Sabemos que en cada aula estivéstedes traballando e aprendendo moito sobre mulleres que fixeron historia por todo o mundo.

Desde a biblioteca propoñémosvos un xogo. Deixámosvos o seguinte genially onde vades poder atopar un pasapalabra moi divertido.

Animádevos a facelo!

 

Powered by Drupal - Design by artinet