horario, empréstitos, biblioteca, libros, ebooks

RECREOS NA BIBLIOTECA 3º TRIMESTRE

Chegamos ao último trimestre deste curso escolar 2021/2022. 

Deixámosvos nas seguintes imaxes o horario no que poderedes acudir á biblioteca nos recreos.

RECREOS NA BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

 

FELIZ ANO NOVO!!

Xa estamos de volta. Esperamos que descansárades moito e collérades forzas para este 2º trimestre.

Para comezar este 2022 deixámosvos o horario para acudir á biblioteca nos recreos. 

Bo comezo de trimestre.

 

HORARIO DA BIBLIOTECA PARA OS PRÉSTAMOS DE LIBROS

Boa tarde nenos e nenas! 

A continuación deixamos o horario da biblioteca para os préstamos de libros.

Horario da biblioteca

A nosa biblioteca ten un horario moi amplio. Queremos que poidas visitala sempre que queiras. Os horarios da biblioteca son os seguintes:

 

Horario xeral initerrumpido de 9:35 a 14:35

Visitas do alumnado cos seus titores

 

Horario de recreo de 12:20 a 12:50

Alumnado de primaria baixo a supervisión dunha mestra da biblioteca e catro nen@s colaborador@s

 

Horario de tarde de 16:00 a 18:00

Todos os días da semana excepto os martes

 

Como xa dixemos en moitas ocasións, o alumnado colaborador é o corazón da biblioteca do colexio. Eles e elas realizan gran parte do traballo da biblio e axudan a que todo funcione. Este é seu horario de gardas de biblioteca:

Powered by Drupal - Design by artinet