Concursos e premios

GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA

Como xa sabedes, o pasado mes de marzo, concretamente o día 21 foi o día da poesía. Para celebralo, unha das actividades propostas desde a biblioteca foi participar de forma voluntaria nun concurso de poemas. Repartiuse unha plantilla a aqueles nenos que quixeron participar.

Os gañadores deste concurso tiveron a sorte de recibir un diploma, un marcapáxinas e un bolígrafo moi molón!

Aquí vos deixamos as imaxes. Parabéns a todos e todas!

Día do Libro na Biblioteca Municipal

Este ano o noso centro tivo a sorte e o honor de ser invitado á celebración do Día do Libro pola Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre. O pasado venres 22 de abril, cun día radiante, o alumnado do centro interpretou cancións, poesías e dramatizacións sobre a obra de Manuel María autor galego ao que se lle dedican as Letras Galegas.

Preme na imaxe se queres ver as fotos do evento.

Puntos Lectores na Vila

Pérez Polo

Como ben saberedes o equipo de biblioteca leva anos impulsando unha iniciativa superbonita que cada día ten máis adectos: Aquí tamén se lee. Dende fai máis de catro anos a Vila de Ortigueira conta con locais e establecementos comerciais que colaboran nesta iniciativa. A biblioteca do colexio aporta unha mochila de contos e o establecemento colaborador habilita un lugar no seu local para colocar un punto lector. Deste xeito, as nenas e os nenos poden ler un ratiño mentres as súas familias fan compras. 

Nesta ocasión estamos de noraboa xa que contamos con tres negocios máis na Vila que forman parte da rede de puntos de lectura: A farmacia Leal na Penela, a moblería Irmáns Pérez Polo e a zapatería Goga. Con estes tres xa son oito os locais colaboradores. Recordemos cales son:

1. Perruquería Georgina

2. Perruquería Campos

3. Farmacia Sandomingo (Cantón)

4. Farmacia Mercedes Fraga (Salgueiro)

5. Óptica Ortigueira (Salgueiro)

e dende agora:

6. Farmacia Leal (Penela)

7. Mobles Pérez Polo

8. Zapatería Goga (Estrada Xeral)

Moitas grazas a todos pola súa colaboración!!!!!!!

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe as nenas e os nenos de Educación Infantil recibiron con gran sorpresa ao contacontos de Kalandraka Paco Nogueiras. O famoso contacontos realizou unha maxistral actuación tocando varios paus literarios: a poesía, a lectura de contos e a canción. Entre os contos que se escoitaron estaban:

  • Despois da chuvia
  • Cantarolas
  • A que sabe a lúa
  • O cabalo azul
  • ...

Despois de máis dunha hora de actuación, Paco foi despedido cun gran aplauso de todas as nenas e nenos de infantil e mais do profesorado alí congregado.

Charla "Prensa na escola"

O vindeiro día 18 de marzo, ás 11:00 da mañá, celebrarase na Fundación Ortegalia a charla "Prensa na escola" destinada ao alumando de 4º, 5º e 6º de primaria.

Premios e concursos

SEGUE DE PRETO OS DIFERENTES CONCURSOS QUE IMOS PREPARAR AO LONGO DO CURSO

Powered by Drupal - Design by artinet