A nosa biblioteca
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 20222
CONMEMORACIÓN DO 23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
ALUMNADO DE 5º A RECITANDO E SIGNANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO
ALUMNADO DE 5º B RECITANDO E SIGNANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO
ALUMNADO DE 6ºA RECITANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO
A nosa biblioteca
O noso centro conta cunha biblioteca PLAMBE, isto é que está inscrita no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Por iso, un grupo de profesoras e profesores apaixonad@s, traballan dende o ano 2012 para mellorar o servizo da biblioteca do centro.
A nosa biblioteca conta cun mostrador e unha zona cunha pizarra dixital para o uso de todo o alumnado, dende infantil a primaria.
Noutra das zonas da nosa biblioteca, o alumnado pode ler comodamente os seus libros preferidos.
Os fans da banda deseñada están de sorte xa que a nosa biblioteca conta cun recanto destinado a este estilo.
Para estar ao día das cousas que pasan no mundo e poder facer a súas investigacións, o alumnado conta con dous ordenadores de sobremesa.