contacontos

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Estas últimas semanas estamos tendo un montón de actividades e visitas.

A última foi o pasado xoves, 17 de marzo. Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. Nesta visita tiveron a oportunidade de familiarizarse coa lingua de signos. Ademáis contáronlles un contacontos que lles encantou.

Deixamos a continuación unhas imaxes sobre este día.

Actividades de Maio

A fantástica Cristina veu ao noso cole a presentar aos alumnos de 3º e 4º “ En busca das cores perdidas”

 

Actividades de Maio

Iago López encandilou ós alumnos de 1º,2º e infantil co conto “ O cociñeiro Martiño”

 

Actividades de Maio

Pablo Otero sorprendeu ós alumnos de 5º creando ideogramas

 

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe as nenas e os nenos de Educación Infantil recibiron con gran sorpresa ao contacontos de Kalandraka Paco Nogueiras. O famoso contacontos realizou unha maxistral actuación tocando varios paus literarios: a poesía, a lectura de contos e a canción. Entre os contos que se escoitaron estaban:

  • Despois da chuvia
  • Cantarolas
  • A que sabe a lúa
  • O cabalo azul
  • ...

Despois de máis dunha hora de actuación, Paco foi despedido cun gran aplauso de todas as nenas e nenos de infantil e mais do profesorado alí congregado.

Powered by Drupal - Design by artinet