XA TEMOS ABERTA A BIBLIOTECA NO RECREO!
Aquí vos deixamos o horario para poder acudir no recreo á biblioteca no 1º trimestre.
Disfrutade dos contos e da biblioteca.
Seguide lendo, creando e imaxinando.
Bo camiño!
O noso centro conta cunha biblioteca PLAMBE, isto é que está inscrita no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Por iso, un grupo de profesoras e profesores apaixonad@s, traballan dende o ano 2012 para mellorar o servizo da biblioteca do centro.
A nosa biblioteca conta cun mostrador e unha zona cunha pizarra dixital para o uso de todo o alumnado, dende infantil a primaria.
Noutra das zonas da nosa biblioteca, o alumnado pode ler comodamente os seus libros preferidos.
Os fans da banda deseñada están de sorte xa que a nosa biblioteca conta cun recanto destinado a este estilo.
Para estar ao día das cousas que pasan no mundo e poder facer a súas investigacións, o alumnado conta con dous ordenadores de sobremesa.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |