CAMIÑO DE SANTIAGO "DE SANTIAGO A FISTERRA E A MUXÍA"

Xa temos aquí o último mural sobre o noso proxecto "O camiño de Santiago". 

Este camiño pode que sexa menos coñecido que outros, xa que moitos pensamos que a peregrinación remata en Santiago. Certo é que para moitas persoas a súa finalidade é chegar a esta cidade, á praza do Obradoiro fronte a catedral. 

Aínda así existe tamen unha prolongación xacobea que vai desde Santiago a Fisterra ou Muxía. Antigamente, moitos peregrinos continuaban camiñando ata aquí xa que era o lugar coñecido naquel momento como o "fin do mundo".

Aquí podedes ver o traballo que fixeron os nenos e nenas de 1º de educación primaria.

 

Foi un gran traballo de investigación! Acercámonos un pouquiño máis a diferentes lugares de Galicia, observando tradicións, gastronomía, costumes, etc. 

E que o camiño de Santiago dá para moito!

Seguimos camiñando xuntos!

Bó camiño.

Powered by Drupal - Design by artinet