ebooks

Novo recuncho de libros electrónicos

Dende fai unha semana contamos na biblioteca do colexio cun novo recuncho de lectura, ocupado por libros electrónicos. Os ebooks estarán dispoñibles para todo o alumnado de primaria do centro. Serán @s titores, o profesorado da biblioteca e o alumnado colaborador, os encargados de xestionar e organizar o seu uso nas diferentes situacións nas que se utilizarán. 

Se eres alumn@ de entre terceiro e sexto de primaria poderás utilizar os libros electrónicos na hora do recreo. Busca a un compañeir@ colaborador da biblioteca e pídelle un exemplar, eles explicaranche o seu uso e axudaranche no que necesites.

Contamos cunha gran variedade de volúmenes para todos os gustos. Nembargantes, estaremos encantad@s de escoitar as vosas propostas. 

 

Esperamos que os disfrutedes!!!!!!!!

Formación para os colaboradores da biblioteca

Hoxe na hora do recreo, o alumnado colaborador da biblioteca realizou unha pequena sesión de formación, impartida polo profesorado do equipo de biblioteca. A primeira parte da sesión dedicouse a un concepto moi concreto: O VOLUNTARIADO. Tod@s el@s son voluntari@s xa que responderon activamente á chamada dunha organización (equipo de biblioteca) para a participación dun proxecto (proxecto Plambe), sen recibir remuneración económica e comprometéndose cunhas tarefas, funcións e uns horarios. Para aclarar estas cuestións, realizouse o visionado de dous vídeos sobre o tema que de seguido vos deixamos (PREME NO TEXTO):

ES TÚ MOMENTO. HAZTE VOLUNTARIO

 

TIPOS DE VOLUNTARIADO

 

 A segunda parte da sesión adicouse á formación sobre a xestión, coidado e utilización dos libros electrónicos da biblioteca. 

Powered by Drupal - Design by artinet