diversidade funcional

MURAL PARA O DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ola nenos e nenas!

Na anterior entrada do blogue mostramos o recuncho que creamos na biblioteca para o dia da diversidade funcional.

Despois de traballar a semana pasada sobre este tema, creamos un mural con distintas pezas de crebacabezas. Nestas pezas tiñamos que poñer palabras relacionadas co tema e co que traballáramos ao longo da semana.

A que nos quedou un mural moi bonito?

SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 

Esta semana conmemoramos no noso centro o día da Diversidade Funcional.

 

Desde a biblioteca participamos nesta celebración e fixemos o recuncho "Nesta biblio encaixamos todos"

 

 

Neste recanto poderedes atopar un montón de libros sobre esta temática.

 

Ademáis podedes comprobar cómo len as persoas con dificultades visuais a través do sistema Braille.

 

 

Tamen atoparedes un pictograma da biblio e unha fotografía na que podedes ler biblioteca na linguaxe de signos.

Powered by Drupal - Design by artinet