Educación

SAÍDA A SANTIAGO

A principios de marzo fixemos unha saída a Santiago, visitamos Meteogalicia e o MUPEGA.

En Meteogalicia asistimos ao lanzamento dunha radiosondaxe meteorolóxica (consiste no lanzamento dunha sonda que, impulsada por un globo, ascende ata acadar os niveis estratosféricos. A sonda mide e transmite datos de temperatura, humidade, presión e posición (GPS) ao longo do seu percorrido, de xeito que se obteñen tamén os datos de velocidade e dirección do vento dende a superficie ata a estratosfera). Para máis información visitar a súa web.  Ademais  visitamos as instalacións e vimos como fan as prediccións para as cadeas de radio.

Powered by Drupal - Design by artinet