Recursos didácticos

Descubrimos os dereitos da infancia

20 de novembro de 2019

 

As Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Trinta anos despois logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno e o seu cumprimento pasou a ser obrigatorio para todos os países que o asinaron. Este ano celebramos, polo tanto, o 30 aniversario da referida convención.

 

Os meus experimentos: volcán

28 de outubro de 2019

 

Experimento realizado por Lucía Rey Bértoa (3º).

 

 

Día das Bibliotecas

24 de outubro de 2019

 

Hoxe estamos de celebración, pois é o Día das Bibliotecas!

  

 

A BIBLIOTECA ESCOLAR, ese lugar polo que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende e na que pasan moitas cousas (e todas boas), ese espazo para a igualdade e a diversidade. 

Visita á EASD Pablo Picasso

22 de outubro de 2019

 

O martes 22 de outubro as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria (xunto a 1º e 2º) visitamos a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, en A Coruña. Alí observamos de preto as actividades plásticas que se estaban a realizar en moitos dos talleres e aulas (Audiovisuais, Debuxo, Fotografía, Grabado, Pedra, Madeira, Papel...). Algúns dos nosos pequenos artistas remataron a visita convencidos de querer pasar por esa escola no futuro!

 

 

Aprender xogando

Un Symbaloo con recursos moi variados para aprender xogando. Anímate e bota unha ollada!

 

Obradoiro de xadrez

12 e 13 de setembro de 2019

 

Estes primeiros días de cole, as nenas e nenos de 3º e 4º tivemos a sorte de poder participar nun obradoiro de xadrez xunto co resto do alumnado de Primaria. 

 

 

Aprendemos distintas estratexias de xogo, entre elas o famosísimo "Jaque Mate Pastor" (ou Jaque Mate das catro xogadas): fixádevos nas caras de concentración dalgúns xogadores. Súper interesante!!!

 

O ENTROIDO EN 3º

Chegou o gran día, chegou o ENTROIDO!!

Este ano disfrazámonos de POETAS E POETISAS! Pasámolo xenial nesta fermosa festa!!

                                              

 

                      

ANTEFACES DE ENTROIDO

Preparándonos para o entroido, en plástica realizamos estos fantásticos antefaces tan orixinais e coloridos.

                 

ORELLAS DE ENTROIDO

Os nenos de 3º de primaria elaboramos masa de orellas días antes do entroido. Algúns trouxemos a proba, e estaban riquísimas!!!

Powered by Drupal - Design by artinet