14 de febreiro de 2020
Hoxe celebramos o "Día da amizade" elaborando piruletas de goma eva para os nosos amigos invisibles.
14 de febreiro de 2020
Hoxe celebramos o "Día da amizade" elaborando piruletas de goma eva para os nosos amigos invisibles.
6 de febreiro de 2020
Esta mañá non só puidemos achegarnos un pouco ao mundo apícola e á diferenciación de distintos tipos de mel, senón que tamén lembramos a importancia de respectar e coidar ás nosas amigas as abellas, que tan necesarias son para a vida.
3 de febreiro de 2020
Nesta actividade enmarcada no proxecto "Aliméntate ben" (Plan Proxecta), o alumnado reflexiona acerca da importancia de inxerir diariamente todos os nutrientes que o noso corpo precisa para estar san. Un bocata de conservas do mar aporta proteínas, vitamina B12 e hidratos de carbono: unha opción deliciosa de obter a enerxía que nos axudará a alcanzar as nosas metas. Bo proveito!
31 de xaneiro de 2020
Un peixe mutante, un paxaro pesimista e unha boneca de plástico queren axudar a Carabela a fuxir de Illa Pequena de Plástico, na que a vida non é posible. Unha historia de amizade, supervivencia e concienciación ambiental sobre a que deberiamos reflexionar. Encantounos!
22 de xaneiro de 2020
Ao longo do primeiro trimestre estivemos a traballar arredor da figura de Arcimboldo no marco do Plan Proxecta. Aquí deixamos unha mostra do resultado desta actividade, mais podedes ver máis fotos na galería de imaxes facendo click aquí.
8 de xaneiro de 2020
En Ula Lúa? a gatiña Lúa é a protagonista. Non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír da casa, pero ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigos para xogar. Cando logra saír, atópase cun gato que tamén intenta impedir que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións. A igualdade e a non violencia son pilares desta historia na que os personaxes mostran unha realidade que padecen nenas e mulleres en todo o mundo.
12 de decembro de 2019
Ao longo das dúas últimas semanas, o alumnado de 3º a 6º estivemos a participar en dous obradoiros de experimentos: ovos en vinagre e cromatografías. Se alguén quere repetilos na casa, aquí están os pasos a seguir...
29 de novembro de 2019
Esta mañá gozamos dunha soleada e exitosa xornada de campo a través en Carballo, que non só nos deixou a clasificación para a seguinte fase de benxamíns do noso compañeiro Mateo, senón que tamén nos permitiu comprender a importancia de valores como a participación, o esforzo e o compañeirismo.
25 de novembro de 2019
Esta mañá manifestamos o noso rexeitamento á violencia machista no Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O grupo de 3º, xunto co resto do alumnado do centro, cantamos "Que non mo neguen" (As Tanxugueiras), visualizamos e reflexionamos sobre o conto "Artur e Clementina" (maltrato psicolóxico) e recibimos agasallos do concello baixo o lema "Carballo en negro".
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |