Hoxe celebramos no centro un Plan Lector conxunto con motivo da celebración do Día da Paz. Nel recitamos un poema-canción onde ademais da voz empregamos a linguaxe de signos que estamos a aprender co profe Ricardo ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nesta actividade. Nas vindeiras horas publicaremos o enlace para ver os vídeos. Seguide, ata ese momento, desfrutando cos soños de paz do noso alumnado!!!
Mañá conmemoramos o Día da Paz no centro. Estivemos informándonos sobre Denis Mukwege e Nadia Murad, xa que foron os que acadaron moi merecidamente o Premio Nobel da Paz 2018.
Asimesmo, recordamos a figura de Martin Luther King Jr. e a súa loita pacífica en defensa dos dereitos da persoas de raza negra.
Un curso máis, dende o Gandara-Sofán, levaremos a cabo a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. Terá lugar o próximo xoves 31 de xaneiro.
A través desta carreira solidaria pretendemos mobilizarnos e loitar para defender os dereitos dos nenos e nenas que viven refuxiados ou son vítimas de conflitos armados.
Ola a todas e todos, o Nadal está aí ben pretiño e no cole levamos días traballando para decoralo ben bonito. Este ano o noso alumnado deixou escritos os seus desexos para o ano novo. Merece a pena lelos!!!
Ademais da festa con carácter galego, celebramos tamén no centro o Halloween. Estivemos aprendendo a facer un postre típico que se come nos Estados Unidos de América nestas datas, as Candy Corn Cookies!!!
Algúns alumnos e alumnas animáronse a facer as cookies durante a ponte festiva e trouxeron a proba ao cole. Estaban deliciosas!!! Thank you Aarón, Alba e Marta que nos trouxeron a probar as cookies!!!
3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE NO CENTRO
Con motivo da celebración da festa do Samaín ou Halloween (véspera de Todos os Santos), imos celebrar diversas actividades para conmemorar esta festa. Podes ver o resultado das mesmas no blog da biblioteca. Que pasedes unha boa ponte festiva and Happy Halloween!!!
O CEIP Gándara Sofán xa está engalanado para conmemorar esta data:
Hoxe martes, levamos a cabo unha actividade moi interesante, divertida e creativa da man do Plan Proxecta, no que o noso centro está a participar dende hai varios anos. A actividade Educachef permitiu ao noso alumnado crear un prato moi especial relacionado cun personaxe típico desta festa: A Bruxa!!! O resultado foi delicioso:
Comezamos a semana chea de actividades para conmemorar unha festa que ao noso alumnado lle encanta: O Samaín ou Halloween (véspera de Todos Os Santos).
Iniciamos as actividades cun plan lector conxunto onde visionamos unha curtametraxe de terror (titulada Os Paiasos Asasinos) e grabada polo antigo alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Posteriormente, varios alumnos do actual 6º curso leron as súas historias de medo a todos os nenos e nenas do centro. Velaquí tedes algunhas imaxes: