Xa tedes no blog de biblioteca unha selección de imaxes da celebración do Entroido 2022. Nos vindeiros días poderedes ver e escoitar as regueifas creadas polo noso alumnado.
NON HAI FRONTEIRAS (esa foi a temática do noso Entroido, por iso viñemos disfrazados cos traxes típicos de varias rexións de España e doutros países do mundo tales como Siria, Brasil, México, Italia, Grecia, India e Xapón).
Xa se achega o final deste ano 2021 e unha excelente maneira de celebralo será escoitando as regueifas de Nadal creadas polo alumnado e que poderedes visualizar no blog de biblioteca!!!
Adicaremos esta semana a realizar diferentes tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e contra todo tipo de violencia. Estade atent@s ó traballo feito, que será publicado nos distintos blogs do centro.