DÍA DA PAZ

Ola de novo,

Mañá conmemoramos o Día da Paz no centro. Estivemos informándonos sobre Denis Mukwege e Nadia Murad, xa que foron os que acadaron moi merecidamente o Premio Nobel da Paz 2018.

Asimesmo, recordamos a figura de Martin Luther King Jr. e a súa loita pacífica en defensa dos dereitos da persoas de raza negra. Quixemos recordar a súa célebre sentencia I HAVE A DREAM... para utilizala como encabezado dunha exposición onde o alumnado nos foi deixando os seus soños co fin de acadar a desexada paz no mundo.

Aquí tedes algún deses soños. Lédeos, paga moito a pena!!!