Skip to Content

Marzo 2016

XA ESTAMOS DE VOLTA!

A semana pasada demos a benvida ao mes de marzo e esta semana, queremos aproveitar para darvos a benvida a unha nova etapa do noso blog. Volvemos con moitas ganas e co compromiso de mostrarvos parte do noso traballo.

Mostrarémosvos principalmente actividades realizadas neste curso pero intercalaremos tamén algún post con parte dos traballos que fixemos ao longo destes últimos cursos (traballos enmarcados dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

Esperamos que vos guste o que facemos e que o disfrutedes con nós.

Estade atentos ás novas entradas do blog!!!  ;-)

21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da poesía decidimos, en colaboración co EDLG, darlle un "novo aire" ao Taboleiro da Lingua. Propuxemos a todos os titores que seguiran traballando sobre Rosalía de Castro, aproveitando que xa lle adicaramos o Dia Internacional da Muller (8 de Marzo) e que, recentemente se celebrou o 179 aniversario do seu nacemento.

Unha das obras que máis entusiasmou aos nosos pequenos foi Adiós ríos, adiós fontes!; obra musicada e versionada por tantos artistas que chegou aos nosos alumnos en versión máis clásica grazas a Amancio Prada, versión rock da man de Astarot e incluso, con ritmos latinos de man da orquestra Charleston.

Algúns alumnos/as de Educación Infantil foron polas aulas deleitando aos seus compañeiros/as co recitado dalgunhas das estrofas de tan coñecido poema. Daba gusto escoitalos!!!

by Dr. Radut