Un ano máis chegou a celebración do Samaín ó CEIP Gándara Sofán!!!
E cada ano supera o anterior. Mirade que marabilla de cabazas e disfraces!!!
Noraboa a Sabela Romero por se a gañadora da cabaza máis orixinal e a Alba Eirín por gañar o premio á cabaza máis terrorífica!!!
Agora admirade esta terrorífica colección de imaxes!!!
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, elaboramos unha exposición na que investigamos en torno á problemática do cambio climático no planeta.
Asimesmo investigamos sobre Greta Thunberg e outras rapazas que loitan por conseguir que se frene o ritmo tan acelerado de contaminación que a Terra está a sufrir.
Ademais do programa de radio que xa publicamos hai uns días, realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data, tales coma o traballo de investigación e exposición previamente mencionado e unha canción adicada ó clima: SING FOR THE CLIMATE.
Aquí tedes algunha das imaxes da exposición.
LETRAS GALEGAS 2019
Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.
Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos.
Clicando AQUÍ podedes ver o recital que fixemos no colexio para celebrar o día da Poesía.
Tamén o podedes ver accedendo á nosa canle de Youtube.
ENTROIDO POÉTICO 2019
Como xa fomos publicando ao longo da semana, o Entroido deste ano está adicado, como non podía ser doutro xeito, á poesía.
Estamos desexando que chegue o día de mañá para ver ao noso alumnado representando a grandes poetas e escritores coma Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Virginia Wolf, etc...
Mentres chega ese momento, despedimos a xornada de hoxe cun futuro gran poeta que quere compartir con todos nós o seu poema adicado ao Entroido. Noraboa e moitas grazas, Kevin!!!