Realizamos a primeira saída do curso, fomos coñecer un pouquiño más a nosa vila.
Primeiro visitamos a Biblioteca municipal. Cristina recibiunos moi amablemente, ensinounos a planta baixa, percorremos todas as seccións, explicounos como está organizado o material, como se pode usar a biblioteca, como hai que facer para ser socios, miramos parte dos libros da nosa idade....
Despois fomos andando ata o Concello. Visitamos as dependencias da Policia Local, ensináronnos un pouquiño como é o seu traballo, varias salas, e o que máis nos gustou foi ver o calabozo!!!!
No primeiro andar recibiunos o Alcande na sala de plenos, fixémoslle moitas preguntas e el contestounas todas.