Skip to Content

A OPINION CORUÑA COA VISITA DE 6º DE PRIMARIA A RIAZOR

LOGO DA VISITA DE 6º DE PRIMARIA A RIAZOR, FOMOS NOTICIA NO XORNAL A OPINIÓN DA CORUÑA, DEIXAMOS O ENLACE COA NOTICIA QUE CONTÉN UN VIDEO E A GALERIA DE IMAXES

A OPINIÓN CORUÑA

CARRERA SAVE THE CHILDREN 2019

AQUI TEDES O ENLACE COA NOTICIA DE HOXE DA VOZ DE CARBALLO ONDE SE ANUNCIA A ACTIVIDADE DA CARREIRA SOLIDARIA

NOTICIA CARREIRA SOLIDARIA

CARRERA SAVE THE CHILDREN 2019

CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O NOSO ALUMNO CATEGORÍA INFANTIL, BRAIS FRAGA CAMPOS RESULTOU CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS QUE SE CELEBRARÁ EN NOIA O VINDEIRO 22 DE FEBREIRO.

NORABOA BRAIS!!!!

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES VER AS CLASIFICACIÓNS

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no centro un Plan Lector conxunto con motivo da celebración do Día da Paz. Nel recitamos un poema-canción onde ademais da voz empregamos a linguaxe de signos que estamos a aprender co profe Ricardo ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nesta actividade. Nas vindeiras horas publicaremos o enlace para ver os vídeos. Seguide, ata ese momento, desfrutando cos soños de paz do noso alumnado!!!

VISITA 6º PRIMARIA AO DEPORTIVO EN RIAZOR

PARA VER TODAS AS FOTOS PINCHA EN GALERIA DE IMAXES

DÍA DA PAZ

Ola de novo,

Mañá conmemoramos o Día da Paz no centro. Estivemos informándonos sobre Denis Mukwege e Nadia Murad, xa que foron os que acadaron moi merecidamente o Premio Nobel da Paz 2018.

Asimesmo, recordamos a figura de Martin Luther King Jr. e a súa loita pacífica en defensa dos dereitos da persoas de raza negra.

FASE INTERCOMARCAL OS MENHIRES "A TORRE"

O SÁBADO 26,  DOUS ALUMNOS DE TERCEIRO E SEXTO DE PRIMARIA, QUE SE CLASIFICARON NA FASE LOCAL DE CARBALLO EN CAMPO A TRAVÉS NO MES DE NOVEMBRO, ACUDIRON Á FASE INTERCOMARCAL NA TORRE, NO CIRCUITO DOS MENHIRES, CUN DÍA MOI SOLEADO PERO FRÍO CORRERON ADRIAN DE JESÚS E BRAIS FRAGA COMO UNS CAMPIÓNS REPRESENTANDO AO SEU CEIP. NORABOA POLA VOSA ILUSIÓN POR FACER DEPORTE E PARTICIPAR EN CALQUERA ACTIVIDADE.

SorrisoSorriso

Carreira solidaria Save the Children

 

Un curso máis, dende o Gandara-Sofán, levaremos a cabo a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. Terá lugar o próximo xoves 31 de xaneiro.

A través desta carreira solidaria pretendemos mobilizarnos e loitar para defender os dereitos dos nenos e nenas que viven refuxiados ou son vítimas de conflitos armados.  

Festival de Nadal

 

 

Xa estamos de volta! O pasado 20 de decembro foi o festival de Nadal, que celebramos no Pazo da Cultura. Foi un día moi especial e queremos compartir un pequeno recordo con todos vós. Nos seguintes enlaces podedes visualizar as diferentes actuacións coas que nos deleitou o alumnado:

BO NADAL E FELIZ 2019

O EQUIPO DIRECTIVO E O PROFESORADO DO CEIP GANDARA SOFAN DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN FELIZ 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut