Skip to Content

INFORMACIÓN MES DE XUÑO

Estimadas familias.

Informámolas que a partir do 3 de xuño non haberá actividades extraescolares nin servizo de biblioteca.

A dirección.

VISITA AO IES MONTE NEME

Estimadas familias.

O próximo martes 4 de xuño o IES Monte Neme organiza unha xornada de portas abertas para o novo alumnado e as súas familias. A visita comezará ás 10.15 e terá unha duración aproximada de 2 horas.

O alumnado de 6º de Primaria irá acompañado dos pais.

Equipo directivo.

DESCANSOS ACTIVOS

DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE, NO CEIP GÁNDARA SOFÁN, ESTAMOS A TRABALLAR NUN NOVO PROXECTO CHAMADO  DESCANSOS ACTIVOS, QUE CONSISTE EN REALIZAR UNHA COREOGRAFÍA NOS CAMBIOS DE CLASE PARA QUE OS ALUMNOS "ACTIVEN" CORPO E MENTE E ASIMESMO INTRODUZAN NAS SÚAS RUTINAS O EXERCICIO FÍSICO E A VIDA SAUDABLE. AS COREOGRAFÍAS SON REALIZADAS POLOS PROPIOS ALUMNOS E VAN CAMBIANDO.

ATA AQUÍ AS TRABALLADAS...

https://www.youtube.com/watch?v=s0WVgJbj_os&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=NPOrXOethi4&feature=youtu.be

Semana da froita na aula de música

Durante as dúas últimas semanas, merendamos froita fresca, dentro do Plan Proxecta "Aliméntate Ben". Como outros anos, os nosos pregoeiros foron formulando adiviñas e repartindo mazás, nectarinas, melocotóns, uvas ou plátanos.

Regueifando con Lupe Blanco

Picando na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do obradoiro de regueifa que impartiu Lupe Blanco o pasado xoves. Que ben o pasamos e canto aprendemos! Moitas grazas pola visita!

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.

Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos.

CONVOCATORIA AXUDAS FONDO LIBROS CURSO 2019/2020

PRAZO ATA O 21 DE XUÑO DE 2019 NA SECRETARÍA DO CENTRO

PROGRAMA 11. ANTÓN FRAGUAS

Xa podedes ver o programa 11 da nosa radio, que vai dedicado a Antón Fraguas e ás Letras Galegas. Podedes velo pinchando aquí, ou a través da nosa canle de Youtube.

Esperamos que vos guste!

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO CURSO 2019/2020

NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS PÓDESE CONSULTAR A LISTAXE DE ALUMNOS E ALUMNAS ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020 NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

O PRAZO DE MATRÍCULA NO CENTRO SERÁ

DO 20 AO 30 DE XUÑO

DIA 20 DE MAIO NON LECTIVO

INFORMAMOS QUE O VINDEIRO 20 DE MAYO O CEIP GÁNDARA SOFÁN TEN CONCEDIDO O DÍA COMO NON LECTIVO POLO QUE DESDE O DÍA 17 DE MAIO ATA O 20 DE MAIO OS DOUS INCLUIDOS NON HABERÁ CLASE, COMENZAREMOS O,

MARTES 21 DE MAIO.

Distribuir contido


by Dr. Radut