Blog de 2º Ciclo

"COCIÑANDO CONTOS"

Un ano máis asistimos a "IX Semana do libro e a lectura de Carballo" organizada pola Asociación Socio-pedagóxica Galega (as-pg) e o Concello de Carballo, coa temática de "cociñando contos".
Fixemos as seguintes actividades:
- Participamos no obradoiro de cantar e contar con Antón Castro,unha historia musical e familiar que acontecía nunha cociña. Os personaxes principais da historia eran os vasos, cuncas, culleres, que presentaban os seus problemas diarios a través da música. Ademais desto contounos outros contos, cantamos cancións, tocou instrumentos...
- Visitamos a exposición do material dos colexios, gustounos moito o que fixemos no noso cole.
- Disfrutamos dos libros da sala de lectura que montaron xunto á exposición.
 
Esperamos que o próximo ano nos volvan a invitar!!!
 
SAÍDA Á CORUÑA

O xoves, día 10 de abril, fixemos unha saída A Coruña.

  Nada máis chegar fomos ao Teatro  Colón  á representación da obra "Valados" de Agustín Fernández Paz. Tivemos a sorte de que nos colocaron nos palcos centrais, foi impresionante! Ao entrar quedamos abraiados!!!

A continuación fomos visitar o Museo Militar, recibíronnos moi ben, incluso nos acompañou un CORONEL!!!!. Contáronnos a Historia de España a través das pezas do museo (escudos, bustos, vestimentas, armas...)

Para xantar fomos ao Pazo de Deportes, alí comemos e xogamos un montón.

Antes de marchar decidimos ir ao Monte de San Pedro, onde o tempo non nos chegou a nada, comemos un xeado e pouco máis.

Xa estamos esperando pola seguinte.

SOPA DE SAPO

O día 26 de marzo os nenos e nenas do   segundo ciclo asistimos ao preestreno da obra teatral "Sopa de Sapo" da compañía Talía Teatro.

   Despois da representación os nenos e nenas poideron asistir a un encontro cos actores e comentar con eles detalles da obra como a vestimenta, maquillaxe, efectos especiais,...

   Pasamos unha mañá moi entretida e aprendemos moito.

Powered by Drupal - Design by artinet