Blog de 2º Ciclo

CELEBRACIÓNS!!!!

Ultimamente estamos convertidos "nuns festeiros". Xuntáronsenos varias celebración e tivemos que traballar a reo para dar feito Sorriso Sorriso Sorriso

Primeiro empezamos polo samaín, logo rapidamente xa tivemos que comer as castañas do noso rico magosto e por último non iamos deixar o peón sen celebrar. Uffff!!!!! Que ben o pasamos!!!!.

Por certo, somos uns artistas!!!,  Levamos tres premios no samaín!!!

Deixámosvos algunhas fotiños como proba.   

CIENCIA EN RUTA

Este ano os proxectos do colexio xirar ao redor da ciencia e a arte, seguindo a temática marcada pola Bibliotecas escolares.

A mediados de outubro fixemos un obradoiro de ciencia. Gustounos moito ver como con materiais que temos na casa, e que iamos tirar, fixemos UN COHETE!!!!!!!.

Primeiro o monitor ensinounos moitas cousas sobre estes aparatos. A continuación, en grupos, construimos un!!!!!! con materiais moi sinxelos.

O mellor de todo foi canso baixamos ao patio traseiro do colexio para facelos voar e voaron todos!!!!!!

EMPEZA O CURSO!!!!!!!!!!!!!!

Ola!!!!!!

Somos os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E. Primaria. Empezamos un novo curso, algún nenos/as chegamos novos/as ao centro, estámonos coñecendo e todos/as esperamos aprender moito e pasalo o mellor posible. 

Iremos ensinándovos actividades que iremos facendo.

Agora deixámosvos un par de fotos para que nos vaiades coñecendo

FIN DE CURSO !!!!!

Este curso remata. Traballamos moito e agora por fin toca descansar. Estes últimos días ademais de ir rematando o que nos quedaba, dedicamos bastante tempo a ensaiar a nosa actuación do festival e tamén un día ao deporte.

O día do deporte fixo moitísima calor, pero aínda así o pasamos moi ben. Os do segundo ciclo fixemos dous grupos e xogamos: á mariola, ao ping-pong, aos bolos e rematamos enfrontándonos ao brilé.

Ao día seguinte: o festival! Coma sempre, estabamos todo/as nerviosos/as por como nos ía saír o noso “Baiao”. Como non podía ser doutra maneira fixémolo xenial, o público aplaudiu moito. Só houbo un problema, a megafonía á hora de empezar “decidiu calar”, tivemos que utilizar os altofalantes do  ordenador e oíase pouquiño, foi unha mágoa!!!!.

Logo só quedaba recoller as notas e AS VACACIÓNS XA EMPEZARON!!!!!!!!!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet