Skip to Content

Deporte Galego

Distribuir contido
Actualizado: hace 19 horas 12 min

Lete Lasa imparte unha charla de xestión deportiva no Centro de Formación Profesional Montecastelo

Ven, 24/05/2024 - 16:52



Vigo, 24 de maio de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, impartiu unha charla de xestión deportiva no ámbito do ‘Ciclo medio de Guía no medio natural e de tempo libre’ do Centro de Formación Profesional Montecastelo, en Vigo.

Categorías: Deportes

Lete pon en valor a traxectoria de Golán como “patrimonio do deporte galego” no Foro Tech no que tamén participaron Edurne Pasabán e Toni Nadal

Ven, 24/05/2024 - 16:38

Sinala a “gran sorte do squash galego e dos novos valores” de que toda a experiencia de Golán poida estar ao seu servizo no Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Squash




Santiago, 23 de maio de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe no ‘Foro Tech Deporte&Empresa’ que ten como obxecto explorar a transición dos deportistas de alto rendemento cara ao ámbito empresarial, utilizando as súas experiencias e aprendizaxes para impulsar o emprendemento e promover a educación continua. Neste sentido, o evento contou con destacadas personaxes do deporte e do ámbito empresarial como Edurne Pasabán, Toni Nadal ou Borja Golán.

O mandatario galego puxo en valor a traxectoria de Borja Golán que anunciou a súa retirada do deporte profesional o pasado ano 2023 tras acadar dous títulos continentais e 17 nacionais polos que é recoñecido como o mellor xogador de squash español de toda a historia. Borja Golán, que foi o único xogador nacional que chegou ao Top 10 do squash mundial (chegou a estar no quinto posto) recibiu das mans de Lete Lasa unha placa homenaxe á súa carreira. Lete Lasa agradeceu ao xogador compostelán unha carreira que xa forma parte do “patrimonio do deporte galego” e sinalou a “gran sorte do squash galego e dos novos valores” de que toda a experiencia de Golán poida estar ao seu servizo no Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Squash que dirixe o propio Golán na súa academia do Milladoiro.

Precisamente esta posibilidade de aproveitar todos os coñecementos e os valores aprendidos durante a etapa deportiva e de valor “incalculable” é o que une a Borja Golán coa primeira muller en ascender os catorce oito miles, Edurne Pasabán, e co que foi adestrador durante 27 anos de Rafael Nadal, Toni Nadal, que tamén achegan o seu saber aos máis novos, a primeira a través do seu papel como conferenciante nacional e internacional e, o segundo, como director técnico da Rafa Nadal Academy.

O secretario xeral acentuou a importancia dos patrocinios privados, como demostra o Plan de Patrocinio que a Xunta mantén con ABANCA e que acada os 3,7 millóns de euros por tempada e, sobre todo, do acompañamento dos deportistas nese paso crucial do alto nivel deportivo á formación ou a outras actividades laborais, como realiza o Goberno galego co Programa de Axuda ao Deportistas (Proade).

Categorías: Deportes

Lete destaca o Gran Fondo Ézaro como “a rampla máis desafiante do ciclismo nacional” que desta volta contará co campión do mundo, Alejandro Valverde

Xov, 23/05/2024 - 15:26

Destaca a categoría popular desta proba que terá lugar o 7 de xullo e que está aberta a todos os públicos, sendo un evento apto para todas as idades e un escenario onde se mesturan as grandes lendas con ciclistas de todos os niveis



Santiago, 23 de maio de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Gran Fondo Ézaro 2024 que chega á súa novena edición e que terá lugar o vindeiro 7 de xullo coa presenza do gañador da Vuelta a España de 2009 e campión mundial en 2018, Alejandro Valverde. Alí o mandatario galego destacou a proba como a rampla “máis desafiante do ciclismo nacional na que o triunvirato da natureza máis pura formado polo Monte Pindo, o río Xallas e a fervenza do Ézaro se alía cada ano co deporte para construír unha das probas que xa forma parte da mitoloxía galega”.

Lete Lasa falou da importancia de contar cun ciclista de tal importancia como Alejandro Valverde que aos seus 38 anos acadou o maillot multicolor que lle acreditaba como campión do Mundo. Neste sentido lembrou que o ano pasado, o ciclista murciano non puido asistir por un problema de saúde familiar e que, polo tanto, desta volta a ledicia é dobre ao poder contar con Valverde. A súa participación únese á doutros grandes ciclistas que se atreveron con estes 38 metros verticais cunha media de desnivel do 3% entre os que destacan Miguel Indurain, Claudio Chiapucci, Alex Zülle, Tony Rominger, Pavel Tonkov, Marino Lejarreta, Joseba Beloki, Samuel Sánchez, Roberto Heras ou Álvaro Pino, sen esquecernos doutros deportistas que foron os mellores do mundo na súa disciplina -o tríatlon- como Iván Raña ou Javier Gómez Noya.

Sen embargo, o secretario xeral destacou a categoría popular desta proba que está aberta a todos os públicos, sendo un evento apto para todas as idades e un escenario onde se mesturan as grandes lendas con ciclistas de todos os niveis. “O Gran Fondo Ézaro é para todos pero non é para calquera”, dixo.

Categorías: Deportes

Jessica Bouzas retírase nos cuartos de final do W100 de Madrid

Xov, 23/05/2024 - 11:26

Do 13 ao 19 de maio celebrouse o W100 Madrid, III Open Villa de Madrid, no que participou Jessica Bouzas Maneiro.


Jessica eliminou na primeira rolda a Andrea Lázaro García cun resultado de 5-7 6-2 6-4. Na segunda gañou por 6-3 3-6 6-1 á arxentina Solana Sierra.

Nos cuartos de final tivo que retirarse por unha lesión na coxa no terceiro set ante a Leyre Romero Gormaz, que logrou ser subcampioa deste torneo, perdendo na final ante a xaponesa Moyuka Uchijima.

A arousá prepárase agora para o seu próximo gran reto: Roland Garros

Ligazóns
Categorías: Deportes

De la Puente finalista de dobres do Internazionali BNL D'Italia

Xov, 23/05/2024 - 11:24

Martín De la Puente conseguiu ser finalista de dobres con Gordon Reid no Internazionali BNL D'Italia celebrado do 17 ao 19 de maio.


Na proba individual, Martín perdeu en cuartos de final ante o arxentino Gustavo Fernández.

Esta semana o vigués competirá no Torneo Internacional TRAM Barcelona Open e tentará conservar o título de vencedor que conseguiu na edición anterior.

Ligazóns
Categorías: Deportes

A Xunta saca músculo do investimento en instalacións deportivas

Mér, 22/05/2024 - 18:34

O secretario xeral para o Deporte destaca as recentes obras no CGTD, nos complexos deportivos da Coruña e no Complexo Deportivo de Monterrei, así como as ordes de axudas para as instalacións municipais (8 millóns de euros) e para entidades deportivas (1,5 millóns de euros)



Santiago, 22 de maio de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou no Parlamento de Galicia o “destacado esforzo inversor e de programación nas instalacións deportivas de Galicia”, así tanto nas propias que xestiona de xeito directo como as pertencentes a outras administracións.

Neste sentido, Lete Lasa destacou o Centro Galego de Tecnificación Deportiva e os seus centros asociados (o Complexo de Regatas David Cal en Verducido e o Centro Galego de Vela en Vilagarcía), que son “obxecto de constante actuacións de mellora a través de investimentos que permiten o adestramento e a competición nas condicións óptimas que require o deporte de alta competición”. Estes investimentos alcanzaron só no 2023 cerca de 800.000 euros. Neste 2024, ademais, o campo de regatas David Cal foi obxecto de obras de mellora da súa eficiencia enerxética (cerca de 400.000 euros), e a sede central do CGTD en Pontevedra foi obxecto da renovación do pavimento da pista de atletismo (mais de 350.000 euros), e das obras de adecuación da instalación de Protección Contra Incendios (PCI), por 257.000 euros.

No caso dos complexos deportivos da Coruña, Lete Lasa lembrou que en 2023 comezaron as melloras no pavillón deportivo de Monte Alto (538.508,56 euros) e Agra II (444.068,22 euros); continuando neste 2024 con Monte das Moas (762.275,80 euros) e finalizando de seguido con Elviña II, cuxo orzamento inicial de obras superará previsiblemente os 600.000 euros. Con respecto ao Complexo lúdico-deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar, e logo da parte deportiva executada en 2020 por un millón de euros, vénse de rematar a execución da construción da 1ª fase do parque acuático cun custo de preto de 8 millóns de euros, posibilitando que as instalacións abran as súas portas no vindeiro 20 de xuño.

Lete Lasa lembrou, tocante ás instalacións deportivas pertencentes a outras administracións, as dúas convocatorias de axudas á concellos para a realización de obras en instalacións deportivas municipais o para a adquisición de material deportivo inventariable, con carácter plurianual para os exercicios 2023 e 2024 e que contaron cun orzamento de 5,8 e 2 millóns de euros, respectivamente, acadando a realización de 267 actuacións en 186 concellos en toda Galicia. Neste sentido cómpre lembrar asemade a convocatoria de axudas para obras en instalacións deportivas de titularidade das entidades deportivas de Galicia que contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros tamén plurianuais e que posibilitou un total de 55 actuacións.

Categorías: Deportes

A ‘Liga Xunta de Breaking’ chega a súa cuarta edición nunha aposta total polo baile deportivo en Galicia

Mér, 22/05/2024 - 16:25

O secretario xeral para o Deporte destaca como dende 2021, ano no que se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se lanzou a primeira edición da Liga, o baile deportivo e o breakdance non deixaron de medrar



Santiago, 22 de maio de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mais a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron na mañá de hoxe a Liga Xunta de Galicia de Break 2024, na que será a súa cuarta edición, e que terá lugar en nove sedes galegas e que contará coa participación dun cento de bboys e bgirls nas categorías de iniciación, intermedia e avanzada ao longo do ano 2024. No acto de presentación tamén estiveron presentes o director da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, Pablo Casitiñeira; o membro da Federación Galega de Baile Deportivo, Anxo Barro; así como o deportista gañador da categoría avanzada no ano 2023, Daniel Pazos -AKA RetroKid-.

O secretario xeral para o Deporte sinalou como dende 2021, ano no que se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se lanzou a primeira edición da Liga Xunta de Galicia, o baile deportivo e o breakdance non deixaron de medrar como demostra a constitución da Federación Galega de Baile Deportivo en 2023 que hoxe conta xa con preto de 600 licenzas. Neste sentido, Lete Lasa destacou as figuras de David Amor -Amor- e Alicia Babarro -MiniAli- que remataron en segunda e terceira posición a categoría avanzada da Liga Xunta de Break 2023 e que nese mesmo ano proclamáronse campións de España nas súas respectivas categorías -sub21 e júnior-. O mandatario galego amosou a súa esperanza de que ambos poidan estar nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2026, en Dakar, nunha disciplina, o break, que xa será olímpica nestes próximos Xogos de París 2024. Esta aposta polo baile deportivo, á que tamén se suma a posta en marcha da Liga Galega de Hip Hop Xunta de Galicia, enmárcase no pulo aos deportes urbanos que permite achegar hábitos de vida activa a unha grande cantidade de mozos e mozas como xa ocorreu no caso do skate, BMX ou basket 3x3, olímpicos en Toquio.

Alternativas de lecer e tempo libre para a mocidade

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, sinalou que o Goberno galego aposta por ofrecerlle á xuventude alternativas de lecer e tempo libre que lle permitan seguir formándose e enriquecerse fóra das aulas. Neste senso, agradeceu o labor da asociación cultural e deportiva Vella Escola por levar a cultura urbana a toda a xuventude galega e permitir que cada vez máis mozos e mozas se inicien nesta modalidade deportiva.

A liga celebrarase entre maio e outubro de 2024 en nove sedes: Lalín (25 de maio), Noia (1 de xuño), Pontedeume (29 de xuño), Porto do Son (6 de xullo), Verín (24 de agosto), Vigo (7 de setembro), A Estrada (21 de setembro), Ourense (5 de outubro) e Santiago de Compostela (19 de outubro). Haberá categorías de iniciación, intermedia e avanzada.

As inscricións para a Liga Xunta de Galicia de Break son de balde e deberán realizarse a través da web https://ligaxuntabreak.org. Poderán participar todas as persoas de 6 ou máis anos e, debido a que as prazas son limitadas, adxudicaranse por estrita orde de inscrición con reserva de prazas a competidores da categoría intermedia (as persoas que acadaran entre o 1º e o 3º posto do ranking individual de iniciación da Liga de Break 2023).

Nas tres categorías de iniciación, intermedia e avanzada ofrécese a posibilidade de participar en formato individual (1vs1). No caso do formato de parellas (2vs2) a categoría é aberta e poden formar parella competidores de diferentes categorías.

Categorías: Deportes

Galicia xa suma 1.219 deportistas recoñecidos dos que oito de cada dez son deportistas galegos de alto nivel

Mar, 21/05/2024 - 13:13

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe case un cento de novos nomeamentos, entre os que figuran 53 deportistas de alto nivel, 11 deportistas de alto rendemento, 23 de alto rendemento de base, 1 técnico de alto nivel e 3 árbitros


Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se recoñece as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, así como as solicitudes desestimadas e a causa. En total, das 124 novas solicitudes presentadas, son 91 as admitidas, e delas, máis da metade -un total de 53- son deportistas de alto nivel.

Na lista de novos nomeamentos os deportes con máis deportistas de alto nivel son atletismo con Alicia Barreiro, Asheber Díaz, Ester Navarrete, Daniel Salgueiro, Eva Rouco e Anxo Bello; vela con Carlos Bermúdez de Castro, Pablo Mijares e Paloma González Esteban; baile deportivo con Ainhoa González Baña, Laura Marcote, Alba Mourelle, Andrés Parga, Noelia Rey, Soraya Santos, Patricia Videiro e Mélani Lois; patinaxe con Sara Martínez Sío, Joel Ribeiro, Manuel Taibo e Dubra Outeiro; e taekwondo con Irene Montemuíño, Antía Rodríguez, Adrián Salanova, Ainhoa Teira e Alma María Pérez.

Ademais dos 53 novos deportistas de alto nivel recoñecidos, na publicación de hoxe inclúense 11 deportistas de alto rendemento e 23 de alto rendemento de base, así como 1 técnico de alto nivel e 3 árbitros.

Con esta última resolución publicada no DOG a comunidade galega alcanza xa os 1.219 deportistas recoñecidos divididos en 941 de alto nivel, 93 de alto rendemento, 126 de rendemento deportivo de base, 32 técnicos, 10 árbitros, 7 xuíces e 10 vitalicios. Nesta listaxe definitiva hai 35 deportistas con diversidade funcional.

Galicia acada con esta resolución o seu récord de deportistas recoñecidos en todas as categorías e tamén de deportistas galegos de alto nivel.

Cómpre aclarar que o novo decreto de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base publicado en 2020, recoñece novas figuras como o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base -etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel-. O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que incorporaron a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto Nivel Deportivo.

Categorías: Deportes

Martín De la Puente proclámase subcampión do Mundo coa Selección Nacional

Lun, 13/05/2024 - 10:56

A selección española MAPFRE de tenis en cadeira de rodas proclamouse subcampioa na Copa do Mundo BNP Paribas World Team Cup 2024 en Antalya.


A selección española MAPFRE de tenis en cadeira de rodas proclamouse subcampioa na Copa do Mundo BNP Paribas World Team Cup 2024 en Antalya.

Martín De la Puente enbcabezou a selección que completaron Daniel Caverzaschi, Kike Siscar e Quico Tur.

Este é o terceiro título de subcampións que logra o equipo español (2021, 2022 e 2024).

Na fase de grupos, o conxunto español eliminou ás seleccións do Grupo B. A Alemania por 3-0, a Estados Unidos por 2-1 e a Marrocos por 3-0.

A continuación, o equipo capitaneado por Miquel Margets venceu a Países Baixos por 2-1 nas semifinais da fase final.

Na final non lograron vencer aos británicos Alfie Hewett e Gordon Reid, números 1 e 5 do ranking mundial.

¡Gran resultado do equipo! ¡Parabéns!!

Ligazóns
Categorías: Deportes

Luis Ordieres Canal +50 campión no MT200 de Estepona

Mér, 08/05/2024 - 12:38

Gran vitoria do xogador do Club de Tenis A Tobeira, Luis Ordieres Canal, que se proclamou vencedor na categoría +50 do MT200 de Estepona, celebrado no Bel Air Tennis Club do 1 ao 5 de maio de 2024.



Luis gañou na primeira rolda a Zdenek Tupy (CZE) (6-1 6-0), a David De Pablos en cuartos de final (6-1 6-2) e en semifinales eliminou a Juan Martínez-Becerra nun partido algo máis disputado, que rematou coa retirada do seu rival (6-2 3-6 5-1 ret.).

Na final, non deixou opcións a Carlos Ruíz e gañou por 6-2 6-1.

Ligazóns
Categorías: Deportes

Martín De la Puente gaña o Enrique Esteire Open 2024

Lun, 29/04/2024 - 10:18

Martín De la Puente proclámase campión de individuais e dobres no Enrique Esteire Open 2024 celebrado na Academia Rafa Nadal por Movistar do 25 ao 27 de abril de 2024.




O vigués venceu na final ao británico Gordon Reid por 2-6 6-4 10-6 nun partido que durou 1 hora e 25 minutos.

Na proba de dobres fixo equipo co arxentino Gustavo Fernández. Conseguiron gañar o título ao vencer na final á parella de británicos conformada por Gordon Reid e Dahnon Ward, o resultado un aplastante 6-1 6-1.

¡Parabéns Martín!

Ligazóns
Categorías: Deportes

Porras campión do M15 Sanxenxo

Lun, 29/04/2024 - 09:48

O arxentino Julio César Porras vence ao chileno Diego Fernández na final do M15 de Sanxenxo celebrado no Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo do 21 ao 28 de abril de 2024.












Na proba de dobres deste internacional, o santiagués Rafael Izquierdo conseguiu ser subcampión xunto co portugués Tiago Pereira. Os campións foron os portugueses Rodrígo Fernandes e Gonçalo Marques.

Crónicas diarias enviadas polo CCD Sanxenxo:

Ligazóns
Categorías: Deportes

Nilo Rubén Pérez Calo campión do MT400 de Agadir

Dom, 21/04/2024 - 22:21

Conseguiuno, Nilo Rubén Pérez Calo logrou ser campión +70 do MT400 Agadir en Marruecos.



O xogador con licenza polo Club de Tenis A Tobeira eliminou en cuartos de final ao xogador local Omar Chiyami e nas semifinales ao francés Patrick Closmesnil, cun resultado de 6-0 6-0.

Na final non deu opcións ao favorito do cadro, o francés Philippe Gely. Nilo Rubén fíxose co título, vencendo cun claro 6-4 6-0.

¡Parabéns!

Agora toca prepararse para competir no Campionato de España de Veteranos.

 

Ligazóns
Categorías: Deportes

Martín De la Puente campión do Allianz Para Trophy en Munich

Dom, 21/04/2024 - 21:35

Martín De la Puente proclamouse campión do Allianz Para Trophy celebrado en Múnic.




Para chegar á final, o vigués venceu na primeira rolda ao polaco Kamil Fabisiak cun resultado de 6-3 6-0, ao alemán Steffen Sommerfeld cun dobre 6-0 en cuartos e en semifinais eliminou ao francés Stephane Houdet 7-6(2) 6-2.

Na final remontou un primeiro set en contra ante o británico Gordon Reid. O resultado final 2-6 7-5 7-6(5).

¡Parabéns Martín!

Ligazóns
Categorías: Deportes

Jessica Bouzas subcampioa do W100 Zaragoza

Lun, 15/04/2024 - 11:18

Novo título para Jessica Bouzas, conseguiu ser finalista do W100 Zaragoza, ¡parabéns!


Jessica segue acumulando fantásticos resultados, no W100 Zaragoza impúxose cun dobre 6-1 á italiana Camilla Rosatello, cun 6-1 6-2 á serbia Natalija Stevanovic, cun 6-2 7-5 á italiana Martina Trevisan e cun 6-0 7-6 (3) á xogadora licenciada polo Club Deportivo Stadium Casablanca, Irene Burillo Escorihuela.

Na final non logrou vencer á xaponesa Moyuka Uchijima.

Ligazóns
Categorías: Deportes

Tomás Currás finalista do M15 de Telde

Lun, 15/04/2024 - 10:51

Gran torneo de Tomás Currás Abasolo en Gran Canaria, conseguiu ser finalista no M15 en Telde.


Tomás comezou eliminando a Axel Herberg Amoros e Albert Pedrico Kravtsov na previa do torneo.

No cadro final gañou a Imanol López Morillo por 6-2 6-1 na primeira rolda, a Alejandro Melero Kretzer cun resultado de 6-4 5-7 7-5 na segunda, ao danés Kane Bonsach Ganley en cuartos de final e finalmente o estadounidense Dali Blanch en semifinais cun resultado de 6-4 7-5.

Na final perdeu por 7-6(6) 3-6 0-6 ante Alejandro Manzanera Pertusa, xogador licenciado pola Delegación de Tenis de Alacante.

¡Parabéns por este gran resultado Tomás!

Ligazóns
Categorías: Deportes

Martín De la Puente perde nas semifinais do superseries Japan Open

Lun, 15/04/2024 - 10:13

Martín De la Puente non logrou vencer a Alfie Hewett (GBR), xogador número 1 do ranking ITF, nas semifinais do superseries Japan Open.


O vigués eliminou na primeira rolda a Kouhei Suzuki (JPN) por 6-1 6-1, a Suthi Khlongrua (THA) na segunda 7-6 6-2 e en cuartos venceu a Tom Egberink (NED) por 6-3 2-6 6-0.

Ligazóns
Categorías: Deportes

Lete Lasa destaca o poder das ás da Vig-Bay coas que 5.000 corredores completan os 21 quilómetros entre Vigo e Baiona ou os 10,5 desde Nigrán

Ven, 12/04/2024 - 17:22

Lembra o bo momento da maratón galega coa consecución das mínimas olímpicas por parte de Tariku Novales, no pasado mes de decembro e de Ester Navarrete, en febreiro



Vigo, 12 de abril de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación da ‘XXIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay y III Minibay’. O mandatario galego animou aos máis de 5.000 corredores que percorrerán este domingo as dúas distancias que pon en liza a proba vixente dende 1996: os máis de 21 quilómetros ente Vigo e Baiona así como os 10,5 desde Nigrán.

Lete Lasa destacou o exemplo do gañador da Vig-Bay en 2023, Jorge Puig, que ademais de ser atleta é funcionario público na Dirección Xeral de Xustiza da Xunta e asegurou que moitos galegos e galegas cambian a súa vestimenta executiva por roupa deportiva nas fins de semana ou cada serán tras rematar as súas obrigas laborais. Grazas a isto, o deporte galego conta hoxe con preto de 310.000 licenzas federativas e o atletismo galego suma xa 7.600 cunha práctica igualdade entre mulleres e homes.

No que respecta á disciplina da maratón, o secretario xeral para o Deporte destacou o bo momento que atravesa en Galicia coa consecución da mínima olímpica por parte de Tariku Novales, no pasado mes de decembro e de Ester Navarrete, en febreiro. No caso da atleta viguesa, Lete Lasa aplaudiu a súa valentía xa que hai uns meses pediu unha excedencia do seu posto de enfermeira para profesionalizarse e loitar por acudir aos Xogos de París 2024, onde formará parte dunha gran representación de galegos que están a conseguir a súa clasificación nestas semanas.

Categorías: Deportes

Lete Lasa asegura que a Liga Galega de Hip Hop levará o baile deportivo a toda a poboación

Xov, 11/04/2024 - 17:57

Serán catro probas que comezarán este domingo en Narón, para continuar o 12 de maio en Mugardos, o 2 de xuño en Lugo e o 29 de xuño en Marín


Santiago, 11 de abril de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe a Liga Galega de Hip Hop Xunta de Galicia, da man da presidenta da Federación Galega de Baile, Graciela Toba.

Lete Lasa fixo un percorrido pola evolución do baile deportivo en Galicia dende que en 2021 se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se creou a Liga Xunta de Galicia de Breaking, en consonancia coa aposta do COI polos deportes urbanos no programa olímpico. Dende aquela, a Federación Galega de Baile, creada en 2023, conta xa con case 600 licenzas, das que o 78% son femininas; a Liga Xunta de Galicia de Breaking encara en 2024 a súa cuarta edición; e Galicia conta xa con dous campións de España de break dance como son David Amor (en sub-21) e Alicia Babarro (júnior).

Grazas a esta nova liga de baile de hip hop, novos estilos de baile chegarán -tanto de xeito individual como grupal- a todos os que queiran participar nas categorías baby (deportistas nados entre os anos 2015 e 2020), infantil (deportistas nados entre os anos 2012 e 2014), júnior (deportista nados entre os anos 2009 e 2011), youth (deportistas nados entre os anos 2006 e 2008), absoluta (deportistas nados entre os anos 2005 e anos anteriores), premium (deportistas nados entre o ano 1994 e anteriores). Todos estes grupos constarán dun mínimo de catro deportistas e un máximo de 20. Ademais, a categoría megacrew (deportistas nados entre o ano 2013 e anteriores) serán grupos dun mínimo de 20 deportistas e un máximo de 50.

A liga galega comprende catro probas que comezarán este domingo en Narón (A Coruña), para continuar o 12 de maio en Mugardos (A Coruña), o 2 de xuño en Lugo e o 29 de xuño en Marín (Pontevedra).

Categorías: Deportes

Nilo Rubén Pérez campión +70 no MT400 Valencia

Lun, 08/04/2024 - 11:45

Grandes resultados para Nilo Rubén Pérez Calo do Club Tenis A Tobeira no MT400 Valencia. Quedou campión da categoría +70 e da modalidade de dobres +65.


Na categoría individual +70 gañou a Paco Colado Pines por 7-5 6-3 en cuartos de final, a Marc Van Dalem (BEL) 6-3 6-4 nas semifinais e finalmente a Antonio Ferragut Ramis (ESP) na disputada final 6-1 4-6 14-12.

En dobres +65 estivo emparellado con Francisco Javier Montoliu Taranco, venceron na final a Gerald Girdler (CAN) / Richard Walmsley (GBR).

Ligazóns
Categorías: Deportes


by Dr. Radut